Feira da Sustentabilidade na UDC

Dende hoxe martes e ata a xoves desta mesma semana, a Universidade da Coruña celebrará unha nova edición da Feira da Sustentabilidade, promovida dende a Oficina de Medio Ambiente (OMA) desta institución. Un tempo para o encontro entre persoas e entidades, que chega como colofón dentro da ambiciosa programación do seu Marzo Ambiental, onde calquera interesado poderá coñecer de primeira man organizacións e proxectos que centran a súa actividade en promover un estilo de vida sustentábel e acorde coas necesidades de cambio que nos esixe a emerxencia climática, así como de protección da biodiversidade e da calidade ambiental; e tamén aquelas cunha perspectiva ecosocial, claves para levar a cabo unha transición ecolóxica xusta.

Dende o G.N.Hábitat sumámonos un ano máis a esta fermosa iniciativa, onde instalaremos un posto informativo o xoves día 31 de marzo, de 10 a 18h (horario aproximado), para todo aquel que desexe achegarse e coñecernos.

Información xeral:

  • Datas da Feira: 29, 30 e 31 de marzo.
  • Horario da Feira: de 10 a 18h (cada entidade asistente adaptará a participación neste horario segundo as súas necesidades).
  • Lugar: Facultade de Economía e Empresa da UDC – Campus de Elviña (mapa).

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s