Apoio á Plataforma en defensa de Monte Neme e Movemento en Defensa de Soandres Montemaior e Cerdeira na loita contra os macroeólicos nas nosas aldeas

Dende a Asociación Ambiental Senda Nova somos sensibles ás problemáticas xurdidas da proliferación de proxectos de macroeólicos nas nosas aldeas.

Dende este sentido, apoiamos as reivindicacións veciñais xurdidas nas nosas comarcas para impedir a construcións destes proxectos baseados na especulación enerxética e que pretenden instalarse a carón das nosas aldeas sen contar coa veciñanza.

Galicia, con xa máis de 4000 eólicos, ten sementado xa boa parte do territorio de chatarra que non impedíu que o acceso á enerxía eléctrica siga sendo a través dunhas facturas en condicións abusivas para  ás galegas e galegos.

Nos novos proxectos, os eólicos triplican a altura dos ata agora coñecidos. Mentres noutras zonas de Europa a distancia de seguridade ás aldeas tamén se multiplica, en Galicia as empresas eólicas seguen a plantexar os proxectos coas distancias antigas, nunha posición abalada por unha lexislación sorprendentemente inxusta.

As afectacións á paisaxe e patrimonio son incalculables en proxectos novos que pouco teñen que ver cos antigos parques eólicos. Tamén as afectacións á saúde dos mesmos, ás que se engaden liñas de evacuación, pistas para mástiles estratosféricos ou voaduras para zapatas de uns 1200m2 de formigón, que ameazan os mananciais de auga que sempre deron de beber ás nosas aldeas.

Por todo isto, dende a Asociación Ambiental Senda Nova suscribimos os manifestos de plataformas e movementos veciñais como o da PLATAFORMA EN DEFENSA DE MONTENEME e o MOVEMENTO EN DEFENSA DE SOANDRES, MONTEMAIOR E CERCEDA, que se opoñen  de xeito frontal e decidido a estes tipos de proxectos contrarios á paisaxe, o patrimonio, a saúde e o medio natural das nosas aldeas. E a desvalorización dos terreos, que rematarían por botar á veciñanza do rural.

Por todo isto facemos un chamamento á mobilización da veciñanza e tamén das asociacións de veciños, culturais, deportivas…etc, así como ás administracións públicas locais a rexeitar de forma decidida este xeito agresivo de decidir sobre o noso rural.

FORA EÓLICOS DAS NOSAS ALDEAS

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s