Ilustrando a natureza da Torre de Hércules

Seguimos poñendo en valor a contorna natural da Torre de Hércules, cunha nova actividade da man do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña. Desta vota, e con motivo da celebración do Día da Ciencia na Rúa, levaremos a cabo unha xornada de aproximación á flora e fauna silvestres a través do debuxo. A actividade estará impartida polo recoñecido debuxante e ilustrador da natureza Calros Silvar, a quen lle acompañarán avezados naturalistas e compañeiros do G.N.Hábitat. 

Calros Silvar. Ilustrador (1978-2019). Deseñador de produto, Grupo Sargadelos (1981-2010). Especializado en ilustración da natureza, temática na cal traballou para Baía Edicións (colección Baía Verde, de Guías da Natureza de Galicia), A Nosa Terra (autor da colección A Nosa Natureza, entre outras), Siruela e Tundra Ediciones, tendo desenvolvido así mesmo numerosos obradoiros de ilustración da natureza ao longo da súa traxectoria – https://www.behance.net/calrossilvar

Na actividade os participantes terán ocasión de aprender as técnicas e recomendacións básicas para dar os primeiros pasos no mundo da ilustración da natureza, unha fermosa aliada para o coñecemento da nosa biodiversidade. A xornada será eminentemente práctica. Todos os participantes poderán facer cadanseus bosquexos, seguindo as instrucións e consellos que se serán impartidos ao longo da mañá. 

O material necesario para gozar da actividade será posto a disposición polos organizadores, non sendo preciso que os asistentes se acheguen con máis cousas que ganas de debuxar. Así e todo, quen teña e desexe traer o seu propio material de ilustración, poderá facelo.

De xeito preferente procurarase celebrar a actividade ao aire libre, a carón da Torre de Hércules. Opcionalmente, no caso de que a previsión meteorolóxica non permita garantir unhas condicións axeitadas para desenvolver a actividade en campo (sen choiva nin rachas de vento), e co obxectivo de non ter que cancelar a actividade, a xornada trasladarase ao local social do Grupo Naturalista Hábitat. Esta circunstancia será debidamente informada vía email aos participantes confirmados na actividade, debendo estar pendentes de calquera notificación/actualización respecto do punto de encontro para o desenvolvemento da actividade.

A xornada terá lugar o vindeiro sábado 7 de maio, de 11 a 14h, sendo de balde e aberta ao público interesado que teña cumpridos necesariamente 15 anos ou máis, na data de celebración da actividade. Así e todo, para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.

Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

As actividades e os participantes nas mesmas respectarán as medidas que fosen establecidas pola autoridade competente, no marco da situación de emerxencia sanitaria derivada da COVID-19.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Agardámoste!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s