O Grupo Naturalista Hábitat participa na Celebración do Día Europeo da Rede Natura 2000

O vindeiro xoves, 26 de maio, a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, IBADER e EMALCSA, dentro do proxecto Life Fluvial, organizan unha xornada para celebrar o “Día Europeo da Rede Natura 2000”, cun programa centrado nas principais actuacións levadas a cabo en materia de recuperación ambiental de corredores fluviais. No marco desta convocatoria, dende Hábitat participaremos cunha charla sobre o coñecemento histórico e a situación actual da flora e fauna do encoro de Abegondo-Cecebre, ademais de intervir na Mesa Redonda sobre “Gobernanza en Red Natura 2000 e Reservas de Biosfera”.

A xornada, de balde e aberta ao público (prazas limitadas), terá lugar na sede do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia  – CEIDA (Castelo de Santa Cruz. Oleiros: ver localizacion no mapa). Para participar é preciso formalizar a inscrición online a través da seguinte ligazón:

Podes consultar e descargar aquí o programa completo da xornad

One Comment Add yours

  1. Manuel di:

    Vaise gravar a xornada?.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s