Luces e sombras da pasarela das Xubias a Santa Cristina

En datas recentes, diversos medios de comunicación comezaron a facerse eco dunha proposta da Xunta de Galicia dirixida á construción dunha pasarela (peatonal e ciclista) que comunicaría As Xubias e Santa Cristina. Unha nova infraestrutura que, previsiblemente, se establecería sobre a bocana da ría do Burgo, contando cuns 800 metros de lonxitude e un coste estimado de 8 millóns de euros, segundo a información publicada na prensa. Non tardaron en alzarse as voces a favor e en contra desta iniciativa, con discrepancias e argumentacións centradas principalmente nos ámbitos da conectividade, a mobilidade sostible, así como a conservación do patrimonio natural e da paisaxe. Cuestións todas elas de interese, e que merecen consideración de cara a valorar o axeitado do proxecto.

Co obxectivo de clarificar esta proposta, e procurando dar voz a diferentes grupos de interese, velaquí unha nova actividade no marco do noso programa “Falando de natureza”, na que teremos a sorte de contar coa participación de:

  • Juan Ramón Vidal Romaní – Doutor en Xeoloxía, profesor emérito e catedrático na Universidade da Coruña. Dedicouse ao estudo da xeomorfoloxía das rochas graníticas, así como as covas e espeleotemas graníticos. Tamén investigou no Cuaternario de Galicia, incluíndo as liñas de costa e o glaciarismo. Vinculado ao Instituto Universitario de Xeoloxía, ao Grupo interdisciplinar de Patrimonio Cultural e Xeolóxico (CULXEO) e á Real Academia Galega de Ciencias.
  • Rafael Carballeira Coego – Doutor en Bioloxía pola Universidade da Coruña, centrou a súa actividade investigadora na botánica e ecoloxía de microalgas (diatomeas) en zonas húmidas costeiras galegas. Actualmente traballa como investigador nas universidades de Santiago de Compostela (departamento de Edafoloxía) e na da Coruña (Centro de Investigacións Científicas Avanzadas) no seguimento do estado ecolóxico das turbeiras e encoros, respectivamente.
  • Álex Voces Teixeira – Representante do colectivo Mobi-liza, asociación por unha mobilidade responsable na área metropolitana da Coruña, participantes en distintas xornadas pola mobilidade urbana e creadores d’A Escola da Bici (para educar á cidadanía a circular en bicicleta) e o taller social de reparación e revalorización Reciclos.  
  • Roberto Rilo Díaz – Presidente da Asociación de Ciclistas “Crunia”, entidade radicada na Coruña e dedicada á promoción e fomento do uso da bicicleta como modo de transporte habitual, promoción de infraestruturas axeitadas ao seu uso e defensa dos intereses do colectivo humano representado.

O faladoiro, moderado polos compañeiros de Hábitat Elia Pérez e Cosme Damián Romay, será de balde e aberta ao público, tendo lugar o vindeiro luns 6 de xuño, ás 20hno local social do G.N.Hábitat (rúa Camariñas 8, baixo. 15002, A Coruña –ver localización no mapa-. Para a asistencia e participación neste formato presencial é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Agradécese a asistencia do público de xeito presencial, xa que teremos a oportunidade de ter en persoa connosco aos diferentes intervenientes. Así e todo, se non te podes achegar ou se quedasen as prazas cubertas, tamén poderás conectar a través das nosas canles nas redes sociais, e facer as túas consultas por escrito. Rematado o faladoiro, os moderadores darán paso a un breve tempo de preguntas, atendendo na medida das posibilidades a todas aquelas que fosen enviadas.

Proximamente actualizaremos esta noticia, engandindo as ligazóns aos directos. Segue atento!

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org981 135 014

Podes serguir o directo na nosa canle de Youtube:

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s