G.N Hábitat participa  no III Bioblitz do Courel

O próximo fin de semana, 18 e 19 de xuño do 2022, participaremos no III Bioblitz do Courel xunto coa Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT) e Sociedade Micolóxica Lucus. Durante estes dous días faremos unha prospección intensiva da biodiversidade no Courel coa participación de tanto naturalistas profesionais como de afeccionados, asesorados por expertos de campo, co fin de obter o maior número de identificacións e citas da flora, fauna e micobiota en varios espazos representativos deste territorio. Este III Bioblitz complementará as dúas anteriores edicións.

Para poder inscribirte podes facelo a través da web da Asociación Galega de Custodia do Territorio, desde o 26 de maio ata o 15 de xuño, incluído. As prazas son limitadas.

Máis información a través do correo e tfno:

Asociación galega de Custodia do Territorio: custodiadoterritorio@gmail.com –  630948293

Sociedade Micolóxica Lucus: www.smlucus.org – Telf. 676750812

Anímate e ven connosco!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s