
O Grupo Naturalista Hábitat, da man do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, comprácense en organizar o 1º concurso de fotografía da natureza na contorna da Torre de Hércules, con motivo da celebración do seu XIII aniversario na listaxe do Patrimonio Mundial (2009-2022). Un evento que nace co obxectivo de poñer en valor a fauna, flora e hábitats deste espazo natural, a través da fotografía.
Pequenos e maiores de todas as idades, sós ou en familia, inexpertos ou avezados na fotografía da natureza, poderán formar parte na actividade, a fin de captar a riqueza natural desta contorna.
O concurso se celebrará o vindeiro domingo 3 de xullo. Toda persoa que desexe participar deberá ler e cumprir o recollido nas Bases Reguladoras do evento, e formalizar a inscrición online que figura accesible nas mesmas.
A participación é de balde e aberta ao público, así e todo as prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.
Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada.
Prégase seriedade e compromiso na participación. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.
As actividades e os participantes nas mesmas respectarán as medidas que fosen establecidas pola autoridade competente, no marco da situación sanitaria derivada da COVID-19.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Anímate e ven connosco!