Anguilas y angulas: ¿Prohibición o uso sostenible?

Continuamos as actividades do programa “Falando de natureza”, retomando esta conferencia que tivo que ser adiada o pasado mes de maio. Tal e como tiñamos previsto, poñeremos a nosa atención na anguía, peixe cunha bioloxía sorprendente e unha vida cabalo entre as augas doces e salgadas: dende o mar dos Sargazos, onde ten lugar a posta, ata chegar ás nosas costas e ríos, grazas á inestimable axuda da corrente do golfo. Unha longa viaxe que lle levará anos completar, e durante a cal irá madurando dende larva, a angula, ata chegar a anguía adulta.

Entre outras circunstancias, esta especie vese ameazada tanto polo impacto directo sobre as súas poboacións (sobrepesca), como pola afección ao seu hábitat (construcción de grandes presas sen escadas nos ríos, constaminación de esteiros…), o que lle supuxo a súa catalogación como especie Vulnerable segundo o Libro vermello dos vertebrados España. Destas e moitas outras cuestións nos falará o Dr. Carlos Nores Quesada, zoólogo, profesor honorario do Instituto de Recursos Naturales y Ordenación del Territorio (INDUROT) e Vicepresidente da Fundación Oso Pardo.

A actividade, de balde e aberta ao público, terá lugar o vindeiro xoves 7 de xullo, ás 20:30hno local social do G.N.Hábitat (rúa Camariñas 8, baixo. 15002, A Coruña –ver localización no mapa-. Para a asistencia e participación neste formato presencial é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:

As prazas no local son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Agradécese a asistencia do público de xeito presencial, xa que teremos a oportunidade de ter en persoa connosco ao poñente. Así e todo, se non te podes achegar ou se quedasen as prazas cubertas, tamén poderás conectar a través das nosas canles nas redes sociais, e facer as túas consultas por escrito. Rematado o faladoiro, o moderador dará paso a un breve tempo de preguntas, atendendo na medida das posibilidades a todas aquelas que fosen enviadas.

Proximamente actualizaremos esta noticia, engandindo as ligazóns ao directos. Segue atento!

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org981 135 014

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s