
O Xoves, 14 de xullo do 2022 de 22:30h a 01:30h, terá un lugar unha actividade que tiñamos moitas ganas de facer, unha mostraxe de avelaíñas na Carballeira de Caldas de Reis, para dar a coñecer aos veciños e veciñas a estes misteriosos lepidópteros que se agochan na súa cidade. Con esta actividade tamén pretendese poñer en valor este espazo e a flora que rodea aos carballos da Carballeira, esenciais para a fauna. Nesta actividade imos da man do Concello de Caldas de Reis, posto que leva realizando traballos durante estes anos para a conservación da Carballeira e mellorar as súas condicións para favorecer a flora e a fauna ligada ao espazo e tamén ao río Umia.
A xornada é de balde e aberta ao público e para participar é imprescindible a inscrición previa. As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico.
Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.
Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Anímate e ven connosco!