IV Xornadas sobre ornitoloxía na Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

Xa estamos preto da Celebración dos Días das Aves 2022!!! Por iso temos preparadas moitas actividades de aves para este mes de outubro!! Preparado?? Aquí as primeiras!! Queres aprender sobre elas ou desfrutar dunha apaixonante xornada de campo tentando ver o maior número de especies nun só día? Pois agardámoste os vindeiros  30 de setembro e 2 de outubro do 2022 nas IV Xornadas sobre ornitoloxía na Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”. Coñecerás os mellores lugares para a observación de aves dentro da Reserva de Biosfera, como diferencialas, e pasarás dúas xornadas cheas de emocións, aprendizaxe e aves, moitas aves.

Non precisas ter coñecementos previos, só ganas de aprender ou saír ao campo e pasalo en grande. Cada xornada contará con ornitólogos experimentados para gozar ao máximo da actividade.

As xornadas, de balde e abertas ao público, terán lugar os vindeiros 30 de setembro en xornada de tarde e o 2 de outubro en xornada completa. Así e todo, para a participación en calquera delas é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través dos formularios habilitados. Podes formalizar a solicitude para a parte teórica, a práctica ou ás dúas.

Na primeira xornada, o venres, 30 de setembro, de 20 a 22h e través dunha xornada formativa, iniciarémonos nesta disciplina no Espacio Coworking de Paderne. Veremos como diferenciar e identificar as especies de aves máis representativas presentes na nosa contorna, así como trucos e anécdotas da man de expertos ornitólogos con moitos anos de experiencia. Aprenderemos como empregar as ópticas e outros materiais usados no traballo de campo e aclararemos as posibles dúbidas que vaian xurdindo.

E na segunda xornada, o domingo, 2 de outubro, saímos ao campo! Que mellor maneira de poñer en práctica os nosos coñecementos poñendoos a proba. Saímos ao campo na procura do maior número de especies de aves na IX maratón da Reserva de Biosfera MCeTM.

Nas seguintes ligazóns podes acceder a toda a información relativa a esta segunda actividade. É importante que leas detidamente as bases de participación na maratón, nelas están explicadas polo miúdo as normas e requisitos para o bo desenvolvemento da xornada.

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de

participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza nas actividades ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.

Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da maratón, e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar das actividades.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Os que o proban, sempre repíten! Anímate e ven connosco!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s