Xornada sobre a señoriña dos brañais – Euphydryas Aurinia – especie do ano 2022 na rbmcetm

Comprácenos anunciar a celebración da IX xornada no marco da iniciativa “Especie do Ano na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo“. Este ano 2022 a especie escollida é unha bolboreta de tons alaranxados ligada ao noso sotobosque e aos prados húmidos, a señoriña dos brañais, Euphydryas aurinia. Nesta xornada, expertos achegarannos coas súas conferencias a esta especie, as súas curiosidades e como podemos conservala, pero tamén aprenderemos de polinizadores e bolboretas.

  • Constantí Stefanescu: doutor en Bioloxía e gran coñecedor da Euphydryas aurinia. É investigador do Museu de Ciències Naturals de Granollers e investigador asociado do CREAF. É coordinador científico do Catalan Butterfly Monitoring Scheme. Investiga sobre o impacto do cambio climático e outros aspectos da ecoloxía das bolboretas. Ten publicados un centenar de artigos en revistas especializadas e é co-autor do volume sobre bolboretas da Fauna Ibérica e da guía das bolboretas de Cataluña.
  • Luis Navarro: doutor en Bioloxía e profesor da Universidade de Vigo. Dirixe o Grupo de investigación en Ecoloxía e Evolución da Universidade de Vigo e o Grupo de divulgación científica Divulgare. Desde o 2008 está involucrado na divulgación da ciencia mediante a elaboración de audiovisuais, sendo o autor de curtametraxes e documentais científicos que se traduciron a varios idiomas.
  • Juan Pablo Cancela: Biólogo, con 8 anos de experiencia traballando con lepidópteros, sobre todo no ámbito do cambio climático nas bolboretas de montaña. Realizou traballos de conservación con especies de lepidópteros no Sistema Ibérico e Serra Nevada. Actualmente está realizando a súa tese doutoral en Portugal estudando os efectos dos fertilizantes na relación planta-insecto no ecosistema de pradeira. Forma parte da Sociedad para la Conservación y el Estudio de las Mariposas de España (SOCEME) e forma parte do equipo de coordinación da rede de seguimento de bolboretas de España.
  • Saba González: Naturalista con máis de 15 anos en formación, consultoría ambiental e ciclo integral da auga. Participa activamente en programas de voluntariado e educación ambiental, coordina o programa de seguimento de bolboretas diúrnas en Galicia (BMS) e é membro da SOCEME.
  • José Rodrigo: Naturalista e redactor do Blog “Volvoretas e eirugas”, membro e colaborador de diferentes asociacións relacionadas coa conservación das bolboretas, como a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) dentro da súa sección de Entomoloxía (da que é actualmente o seu secretario), a Sociedad Entomológica de Castilla-La Mancha (SAECAM), Asociación Española para la Protección de las Mariposas y su Medio (ZERYNTHIA) e da SOCEME.

A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar o vindeiro sábado, 8 de outubro do 2022, en horario de 09:30 a 14:30h, en Arteixo.

Para a asistencia á xornada é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:

Acceso ao formulario de inscrición online

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na xornada ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Agardámoste! Non podedes perder esta oportunidade para aprender de polinizadores e bolboretas!!

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s