23 de Outubro: deseucaliptizamos en Vila da Cova (Lousame)

As Brigadas voltan a deseucaliptizar o próximo domingo 23 de outubro na Comunidade do Monte Veciñal en Man Común de Vila Cova, en Lousame. A roga estará centrada na eliminación de rebrotes de eucalipto nunha zona de varias hectáreas nas que a Comunidade suprimiu os eucaliptos existentes. No inverno, darase continuidade aos traballos cunha plantación de frondosas.

O punto e hora de encontro será ás 09:00 da mañá no Campo de Fútbol de Vila Cova (https://goo.gl/maps/UNN8zpEpCRCEipJE9), situado ao pé da igrexa parroquial. Desde alí agruparémonos nos vehículos para subir ata as proximidades da zona de intervención. É importante estardes puntualmente ás 9:00, pois do contrario será difícil orientarvos para chegar ao punto de traballos.

Para participar é imprescindíbel, alén de estardes inscritas como Brigadistasenviar un correo electrónico a brigadasvilacoba@gmail.com ata COMO MOI TARDE o xoves 20 de outubroLembrade que desde a conta de correo desde a que se envían as convocatorias non se xestionarán incricións.

Na parte da tarde continuaremos cos obradoiros de formación para brigadistas nunha parcería co Centro de Estudos Eurorexionais Galiza | Norte de Portugal (CEER)Montescola e À Escuta apoiada polo programa Erasmus+. Os obradoiros versarán sobre temáticas diversas centradas no ámbito de traballo das Brigadas (técnicas de eliminación de EEI, seguridade e protección en traballos forestais, mecánica e mantemento de maquinaria forestal, gobernanza e conservación comunitaria, educación ambiental, etc.). As brigadistas participantes recibirán un certificado do Centro de Saberes para a Sustentabilidade, recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas.

As prazas son limitadas e inscribirémosvos por orde. Por favor, inscríbite só se podes vir. Se aínda non tes a túa camisola de brigadista, lembra de avisarnos da túa talla no email para que che teñamos unha reservada. Avísanos tamén en caso de restricións alimentarias.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s