
Comprácenos anunciar a celebración dunha nova edición das Xornadas Micolóxicas organizadas pola Asociación Micolóxica Coruñesa, que contan un ano máis coa colaboración do G.N.Hábitat. Unha proposta que permitirá achegar o abraiante mundo dos cogomelos a toda a cidadanía, da man de expertos e compañeir@s da AMC. Diversos relatorios e exposicións micolóxicas terán cabida nesta ambiciosa iniciativa, que se celebrará na Coruña nas datas do 14 ao 20 de novembro.
As conferencias, de balde e abertas ao público, terán lugar no local social do G.N.Hábitat (rúa Camariñas 8, baixo. 15002, A Coruña –ver localización no mapa-) nas datas e horarios indicados en cada caso. Para a asistencia e participación en calquera delas será imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación establecido. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.
Programa das Xornadas Micolóxicas 2022
* De xeito paulatino iremos incorporando a información doutras actividades
- Charla-Taller de cultivo de Shitake (luns 14 de novembro, de 20:30 a 22h)
Charla-obradoiro sobre o cultivo de Shiitake impartida polo experto Santiago Liñeira Casal de Fungocerga. Durante esta actividade coñeceremos o fascinante mundo do cultivo de fungos, e as peculiaridades específicas do caso do Shiitake (Lentinula edodes). Aquelas persoas que o desexen poderán levar para casa un tronco produtor deste exquisito fungo por só 10€, pero deberán confirmar o pedido e realizar o pagamento antes das 12 horas do 2 de novembro. Os datos da conta bancaria onde realizar o abono figuran indicados no formulario de inscrición online.
Dúbidas e comentarios:
- Sobre o programa de actividades, temáticas e relatores Asociación Micolóxica Coruñesa: asociacionmicoloxicacorunesa@gmail.com
- Sobre o proceso de inscrición e prazas Grupo Naturalista Hábitat: inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Achégate ao apaixonante mundo dos cogomelos!