
Este xoves, 17 de novembro, da man da Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña (OMA-UDC), realizaremos un novo taller de montaxe de caixas niño e refuxios de fauna. A xornada terá por obxectivo dar a coñecer a importancia destas estruturas elaboradas a prol da natureza, que posibilitan un espazo de acubillo e cría para diferentes especies animais. Estes elementos, correctamente elaborados, instalados e mantidos, poden axudar a suplir a escaseza de refuxios naturais, facilitar a posta en marcha de estudos científicos, ao tempo que permitir o establecemento de certas especies beneficiosas (fauna útil) nun espazo determinado, optimizando a biodiversidade da contorna.
De xeito preferente se procurará celebrar a actividade ao aire libre, a carón do Monte da Fraga (contorna da Facultade de Filoloxía, Campus da Zapateira). Así e todo, en vista da alta probabilidade de que meteoroloxía non permita garantir unhas condicións axeitadas para o desenvolvemento da actividade en campo (sen choiva nin fortes ventos), e co obxectivo de non ter que cancelala, a xornada poderá trasladarse o un espazo interior cuberto. Esta circunstancia será debidamente informada vía email aos participantes inscritos na actividade, debendo estar pendentes de calquera notificación/actualización respecto do punto de encontro para o desenvolvemento do taller.
A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar de 16:30 a 18:30h. Para a participación na actividade é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat, a través do correo electrónico achegado na inscrición.
A xornada establece un recoñecemento de créditos para estudantes de grao da UDC: 2h (1c por cada 10h de participación en actividades da OMA).
Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán vía email a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.
Prégase seriedade e compromiso na asistencia. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.
Dúbidas e comentarios: inscricion@gnhabitat.org│981 135 014