
O vindeiro martes, 29 de novembro do 2022, terá lugar a xornada titulada “Avaliación da saúde do solo nunha granxa ecolóxica de vacún de leite en comparación coa finca experimental do CIAM.“, organizada polo Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) e o G. N. Hábitat en Casa Grande de Xanceda.
Nela exporanse publicamente os resultados obtidos tras o campo de ensaio levado a cabo ao longo deste ano 2022 na finca Casa Grande de Xanceda.
A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar o vindeiro 29 de novembro ás 10:45h. Así e todo, para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.
Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.
Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.
Podes descargar o programa completo das xornadas na seguinte ligazón:
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014