Senda Nova pecha coa Vía Alcaianus o XI Outono en Marcha

O pasado día 27 celebrouse a última das andainas deste XI OUTONO EN MARCHA. Desta volta, os camiñantes amencían na meseta do Xallas, preto da lagoa de Alcaián. Estaban encargados de chegar a Carballo entrando a través do seu núcleo orixinario e seguindo as pegadas dunha antiga vía romana que uniría a meseta do Xallas coa capital bergantiñá.

O itinerario, salpicado por unha maxia forxada en achados como as puntas de frecha da idade do bronce atopadas cerca de Alcaián. Alí tamén se atopou un bifaz do Paleolítico.

Castros, pazos e sobre todo, corredoiras antigas cheas de encanto onde é posible andar quilómetros pisando lama, charcos e follas secas. Enmarcados aínda en especies autóctonas.

A búsqueda dese tipo de corredoiras foi unha constante nas seis andainas deste XI OUTONO EN MARCHA. Seis itinerarios diferentes, cada un cunha personalidade propia para levarnos ao aprendizaxe a través de máis dun cento de paradas con contidos.

Péchase outra edición do programa de rutas de outono cumprindo obxectivos nunha mestura de participantes. Novos e con máis experiencia déronse cita nas seis propostas de camiñadas pola comarca. A climatoloxía adversa na maioría dos domingos non impedíu que case a participación chegara preto dos 200 apuntamentos.

Coidamos que agora sabemos un pouco máis da nosa comarca. Do noso rural. Estamos pois máis cerca de coidalo, de protexelo e de mobilizarnos por el.

Agradecer ao Instituto de Estudos Bergantiñáns pola labor prestada no proxecto e tamén aos Concello de Carballo, A Laracha e Coristanco. Por suposto, a Protección Civil de Carballo e ás voluntarias e voluntarios de Senda Nova pola súa labor escura e continuada.

Seguimos co VI INVERNO ANCESTRAL

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s