Comezo da XI promoción da Escola de Naturalistas!

Aínda lembrando todos os bos momentos compartidos cos compañeiros da pasada edición da Escola e xa comezamos unha nova promoción de Escola de Naturalistas, que chega á súa décimo primeira edición. Escola de Naturalistas é unha das nosas iniciativas de formación ambiental máis completas, na que os seus novos integrantes compartirán experiencias e aprenderán sobre as diferentes áreas que compoñen o naturalismo.

Durante o curso de Escola de Naturalistas poranse en práctica conceptos teóricos e aplicacións prácticas, ademais de trucos e consellos amosados polos diferentes docentes que a través das súas experiencias persoais achegarán a cada un dos alumnos ao seu ámbito do naturalismo.

Ao longo do ano tanto os alumnos coma os poñentes intercambiarán coñecementos, tempo e afeccións, polo que Escola de Naturalistas chega a ser todos os anos máis ca un curso de formación, senón unha boa razón para que un grupo de compañeiros se reúna, aprenda e goce da natureza presente na súa contorna.

Esta primeira sesión estará dedicada á o bloque de, “Introdución ao naturalismo“, da man da bióloga, naturalista e colaboradora habitual do G. N. Hábitat, Atocha Ramos.

Vémonos na Escola compañeiros!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s