Vaipolorío presenta o libro “Mananciais de Salcedo que van ó río Tomeza-Gafos

Decía Tales de Mileto 624 a.c.: A auga e o principio de todas as cousas.

A Asociación Medioambiental Vaipolorio leva 22 anos estudiando, coidando e defendendo o ecosistema do río Gafos dende as suas nacentes ata a desembocadura.

Chama as nosas portas Silvia Giménez do CIFP A Granxa de Ponteareas. Ela quere aproveitar o noso coñecemento sobre un ecosistema fluvial para levar a cabo o seu traballo de medio ambiente. Despois dunhas cantas tentativas acordamos facer un estudio das nacentes de auga doce existentes na Parroquia de Salcedo. Será un traballo de localización de todas aquelas nacentes que seguindo o seu camiño gravitatorio veñen a dar ao río Gafos ou ben ao río Louriña que dona as suas augas a ría, na parroquia de Lourizán.

Xeolocalización, nomes da nacentes, tipo de morfoloxía hidrolóxica que abrangue: Manaciais, fontes, olleiros e bocaminas.

 Nacen as augas puras e brincadeiras formando regatos que despois serán afluentes tributarios doutros ríos principais. Grandes rochas nai, baixo terra, deron acubillo e mineralizaron estas augas primeiras de río que saindo a luz, son o primixenio orixe dunha fonte de vida como nos indicaba o Sabio grego tantos anos atrás.

Localizar as nacentes, estudialas, señalizalas supón poñelas en valor, dalas a coñecer e iso debe supoñer protexelas perpetuando a sua existencia. Porque e ben certo que o que non se coñece, nin sinte nin padece.

 Así como a auga proporciona o recurso indispensable para que haixa vida. Vaipolorio con Silvia Giménez e Silvia con Vaipolorio formarán unha biocenose para sacar este traballo adiante que a Asociación Vaipolorio recollerá nun pequeno libro para uso e disfrute de todos aqueles que sintan interés e respeto pola auga-vida.

 Agradecer a Silvia Giménez Amoedo o seu interés. A Comunidade de Montes En Man Común de Salcedo, Pontevedra polo seu apooio e a todos aqueles veciños informantes que axudaron a realizar este traballo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s