Hábitat organiza unha Limpieza de residuos na Praia de Baldaio con Afundación – Obra Social ABANCA

Este sábado, 4 de febreiro do 2023, de 10h a 14h, iremos ata a praia de Baldaio (Carballo) a retirar residuos, plásticos que chegan as nosas costas e que poñen en perigo a biodiversidade que habitat neste espazo natural protexido, da man de Afundación – Obra Social ABANCA baixo o Proxecto PlanctON (Plan de Conservación Territorial ON). 

Se queres axudarnos e retirar os residuos da praia de Baldaio. A xornada é aberta ao público, así e todo, para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:

As prazas son limitadas. Se unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.

Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Anímate e ven connosco!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s