A delegación de Lugo de ADEGA da comezo este domingo o programa de roteiros 2022/23 que leva por título “Depredación da natureza ou autosuficiencia”. Nos últimos anos os intereses económicos son o compás de políticas colonialistas que co obxectivo de converter o rural nun gran polígono industrial, destrúen a biodiversidade e as formas de vida…
Autor: Federacion Ecoloxista Galega
Afotando aves por Neda con Neboa Medioambiente
O soleciño destes días tamén acompañou a Néboa Medio Ambiente por Neda, moitos paxaros acompañan as nosas andainas pero as mellores fotos seguen a ser sempre as do noso compañeiro Simón que lle ten ben collida a medida aos martiños peixeiros e sempre consigue afotalos. Vos deixamos agora un par de fotos dos martiños peixeiros…
Custodia do territorio e voluntariado (Campaña 2022)
Obxectivo: retirada de especies exóticas invasoras no ENIL Torre de Hércules. Participa: CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma. Obxectivo: retirada de especies exóticas invasoras no ENIL Torre de Hércules. Obxectivo: retirada de especies exóticas invasoras no ENIL Torre de Hércules. Obxectivo: retirada de especies exóticas invasoras no ENIL Torre de Hércules. Obxectivo: retirada de especies…
O CES detecta numerosas eivas na Avaliación Ambiental e incompatibilidades co P.O.L e Lei de Costas no Hotel-Talaso de San Vicente
O CES presentou en setembro observacións a este proxecto. O DAE (Documento Ambiental Estratéxico) estivo a exposición pública para poder pasar o trámite da avaliación ambiental simplificada. Trátase dun proxecto de hotel de 82 prazas. Cunha ocupación total entre persoas aloxadas, usuarios dos servizo do talaso e traballadores de 527 persoas, e 72 prazas de…
Vitoria! O Supremo anula definitivamente o Parque Eólico Serra do Iribio no Courel
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), a Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO), e a Fundación Ouso Pardo (FOP) celebramos a sentenza do Tribunal Supremo que confirma a nulidade da autorización do parque eólico lucense de Iribio (ou Oribio). Esta autorización foi outorgada no ano 2019, empregando unha declaración de impacto ambiental (DIA) concedida catorce anos…
Vigo expulsado do pacto das alcaldías polo seu nulo compromiso na loita contra o cambio climático
En 2011 Vigo foi a primeira cidade galega en asinar o Pacto das Alcaldías polo Clima e a Enerxía, mais non chegou a enviar o Plan de Acción nos dous anos seguintes, como esixía a sinatura. O Pacto, lanzado en 2008 en Europa para reunir gobernos locais comprometidos en acadar os obxectivos climáticos e enerxéticos…
9 de outubro, primeira das andainas do XI OUTONO EN MARCHA con Senda Nova
Hoxe no Espazo da natureza de Oza cumpríronse 11 anos de rutas de outono para o coñecemento. Dende Senda Nova iniciamos un novo programa con vellos, moi vellos obxectivos: coñecemento do entorno a través de percorridos deseñados para unir lugares de interese ambiental, cultural e paisaxístico. Todo isto co condimento especial da estación de outono,…
Xornada sobre a señoriña dos brañais – Euphydryas Aurinia – especie do ano 2022 na rbmcetm
Comprácenos anunciar a celebración da IX xornada no marco da iniciativa “Especie do Ano na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo“. Este ano 2022 a especie escollida é unha bolboreta de tons alaranxados ligada ao noso sotobosque e aos prados húmidos, a señoriña dos brañais, Euphydryas aurinia. Nesta xornada, expertos achegarannos coas súas conferencias…
O TSXG paraliza cautelarmente a execución do Parque Eólico Campelo de Greenalia
A sección terceira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, por medio de Auto de data 19 de setembro, vén de acoller a pretensión de ADEGA e da PDCC de suspender a execución do acordo do Consello da Xunta de Galicia, de 18 de novembro de 2021, polo que se outorgaron as autorizacións administrativas…
Súmate á XI Limpeza Simultánea de Praias os días 14 e 15 de outubro
ADEGA convoca un ano máis a Limpeza Simultánea de Praias, que desta volta acada a súa XI edición, e terá lugar na fin de semana do 14 e 15 de outubro. Esta xornada de voluntariado ambiental ten o propósito de concienciar a sociedade na loita contra a contaminación mariña. Foron chamados a participar nesta limpeza simultánea de praias e…
IV Xornadas sobre ornitoloxía na Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Xa estamos preto da Celebración dos Días das Aves 2022!!! Por iso temos preparadas moitas actividades de aves para este mes de outubro!! Preparado?? Aquí as primeiras!! Queres aprender sobre elas ou desfrutar dunha apaixonante xornada de campo tentando ver o maior número de especies nun só día? Pois agardámoste os vindeiros 30 de setembro e…
A UNED de Lugo acollerá este sábado o XXXV curso de formación do proxecto ríos
Proxecto Ríos, o programa de voluntariado ambiental en ríos coordinado pola asociación ecoloxista ADEGA, celebrará o vindeiro sábado, 1 de outubro, o seu XXXV Curso de formación de coordinadores e coordinadoras de grupos do Proxecto Ríos. Desta volta, a xornada formativa dedicarase ao mexillón de río e á identificación dos macroinvertebrados biondicadores dos cursos fluviais….