6-F: a desacaciación contuinúa en Lentille

Da man da Asociación Veciñal de Lentille as Brigadas (tamén desacaciadoras!) voltan á carga no esforzo por habilitar camiños e seguir facendo recuar as acacias desta aldea do Ribeiro. Para vos apuntar, é preciso, alén de estardes inscritas como Brigadistas, enviar un correo electrónico a avlentille@gmail.com até como moi tarde o dia 3 de febreiro….

A APDR advirte dos graves prexuízos do novo plan forestal galego

A análise pormenorizada do anovado Plan Forestal Galego, recentemente presentado diante do Consello Forestal de Galicia, permite cualificalo de decepcionante; trátase dun documento pouco fundamentado, que camiña en sentido contrario ás direccións establecidas no marco europeo e estatal no que fai á sostibilidade e que propón unhas liñas de actuación claramente prexudiciais para o sector…

23-Xaneiro: Roga no Formigueiro (Cedeira)

As Brigadas deseucaliptizadoras inician o seu traballo nunha das comarcas galegas máis castigadas polo eucalipto. Esta será a primeira de dúas xornadas de traballo no lugar de Formigueiro (entreCedeira e santo André de Teixido). Os traballos terán lugar nunha terra dunha hectárea de Mark Singleton, veterano brigadista, que está a traballar en recuperar o bosque autóctono…

Santa Locaia: outro bosque atlántico de grande valor ameazado polas eólicas

O parque eólico “Banzas” e a liña de evacuación eléctrica asociada van alterar un dos redutos de bosque atlántico húmido mellorconservados do país, con presenza de especies moi raras, ameazadas e en perigo de extinción. A desfeita eólica non para: desta volta tócalle a un espazo pouco coñecido mais non por iso menos importante. Trátasese…

As Brigadas voltan a Padróns (Ponteareas) o 10 de xaneiro

A segunda actuación das Brigadas no monte comunal de Padróns (Ponteareas) está convocada para o vindeiro domingo, 10 de xaneiro, coa plantación dunhas 1500 árbores autóctonas. A intervención manual nesta roga terá como obxectivo a repoboación dunha zona afectada pola vaga de lumes de outubro de 2017 con especies autóctonas como bidueiras, corticeiras ou pradairos. Para vos apuntar, é preciso,…

Denunciamos as continuas molestias polo excesivo ruído en ENCE

Desde a APDR, ante as novas queixas feitas públicas nos últimos días por persoas que residen na contorna da fábrica de Ence, nas que inciden nas molestias que de maneira continuada -e desde xaneiro de 2019- vén provocando o ruído producido por esta instalación industrial, e que afectan ao seu descanso e à súa calidade…

A Xunta autorizou granxas de visón en contra dunha sentenza do Tribunal Supremo

4 das 26 granxas de visón actualmente en funcionamento en Galiza poden ser ilegais, ao telas a Xunta autorizado despois de marzo de 2016. Nesta data o Supremo prohibíu novas instalacións e ampliacións en todo o territorio do Estado. A propia Xunta achegou información en resposta a unha reclamación de ADEGA dando conta do estado das granxas…