O CES detecta numerosas eivas na Avaliación Ambiental e incompatibilidades co P.O.L e Lei de Costas no Hotel-Talaso de San Vicente

O CES presentou en setembro observacións a este proxecto. O DAE (Documento Ambiental Estratéxico) estivo a exposición pública para poder pasar o trámite da avaliación ambiental simplificada. Trátase dun proxecto de hotel de 82 prazas. Cunha ocupación total entre persoas aloxadas, usuarios dos servizo do talaso e traballadores de 527 persoas, e 72 prazas de…

Vitoria! O Supremo anula definitivamente o Parque Eólico Serra do Iribio no Courel

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza  (ADEGA), a Sociedade Galega de Ornitoloxía  (SGO), e a Fundación Ouso Pardo (FOP) celebramos a sentenza do Tribunal Supremo que confirma a nulidade da autorización do parque eólico lucense de Iribio (ou Oribio). Esta autorización foi outorgada no ano 2019, empregando unha declaración de impacto ambiental (DIA) concedida catorce anos…

9 de outubro, primeira das andainas do XI OUTONO EN MARCHA con Senda Nova

Hoxe no Espazo da natureza de Oza cumpríronse 11 anos de rutas de outono para o coñecemento. Dende Senda Nova iniciamos un novo programa con vellos, moi vellos obxectivos:  coñecemento do entorno a través de percorridos deseñados para unir lugares de interese ambiental, cultural e paisaxístico. Todo isto co condimento especial da estación de outono,…

Xornada sobre a señoriña dos brañais – Euphydryas Aurinia – especie do ano 2022 na rbmcetm

Comprácenos anunciar a celebración da IX xornada no marco da iniciativa “Especie do Ano na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo“. Este ano 2022 a especie escollida é unha bolboreta de tons alaranxados ligada ao noso sotobosque e aos prados húmidos, a señoriña dos brañais, Euphydryas aurinia. Nesta xornada, expertos achegarannos coas súas conferencias…

Súmate á XI Limpeza Simultánea de Praias os días 14 e 15 de outubro

ADEGA convoca un ano máis a Limpeza Simultánea de Praias, que desta volta acada a súa XI edición, e terá lugar na fin de semana do 14 e 15 de outubro. Esta xornada de voluntariado ambiental ten o propósito de concienciar a sociedade na loita contra a contaminación mariña. Foron chamados a participar nesta limpeza simultánea de praias e…

A UNED de Lugo acollerá este sábado o XXXV curso de formación do proxecto ríos

Proxecto Ríos, o programa de voluntariado ambiental en ríos coordinado pola asociación ecoloxista ADEGA, celebrará o vindeiro sábado, 1 de outubro, o seu XXXV Curso de formación de coordinadores e coordinadoras de grupos do Proxecto Ríos. Desta volta, a xornada formativa dedicarase ao mexillón de río e á identificación dos macroinvertebrados biondicadores dos cursos fluviais….

ADEGA promove a catalogación e inventario de humidais para dotalos de protección

O Inventario de Humidais e as zonas protexidas no Plano Hidrolóxico son dúas ferramentas útiles para preservar da degradación as áreas húmidas galegas, ameazadas por infraestruturas e eólicos. ADEGA promove o coñecemento e catalogación destes espazos por veces esquecidos polas administracións e que a miúdo rematan degradados por eólicos, canteiras, eucaliptos… Foi por iniciativa de ADEGA que…

Lembranza e recoñecemento a Malú Pedrosa

O sábado 24 partía prematuramente, demasiado prematuramente, Malú Pedrosa, incansábel loitadora que nos acompañou na loita na defensa da ría ao longo dos anos. Que nos queda de ti, Malú, prezada amiga e compañeira?: Quédannos de ti os anos compartidos de loitas e de coraxe, de risas e esperanzas. Fica o espazo cheo de ti…

XV Limpeza Simultánea de Ríos. Móllate polos Ríos

ADEGA Convoca para o Domingo 25-S a XV Limpeza Simultánea de Ríos Galegos O vindeiro domingo 25 de setembro, a organización ecoloxista ADEGA e Proxecto Ríos mobilizarán centos de voluntarios e voluntarias que se mollarán polos ríos e acudirán á XV edición da Limpeza Simultánea de Ríos galegos, para deixalos libres de lixo, nunha xornada de voluntariado ambiental…