O parque eólico Pena do Corvo, ás portas das Fragas do Eume, pretende situarse nunha área de ampliación da RN2000 que Feijóo ten conxelada dende 2011. Non sorprende que sexa de Iberdrola… Este proxecto eólico, un da ducia longa (e contando) que ameazan a comarca do Eume-Ortegal, ten unha especial significación por situarse a escasos…
Autor: Federacion Ecoloxista Galega
Obradoiro de iniciación á fotografía de natureza con cámaras “brigde”
Se es un apaixonado da flora e fauna e queres sacarlle un bo rendemento a túa cámara compacta, este domingo tes unha estupenda ocasión para iniciarte nunha actividade que combinará dous fermosos eidos: a fotografía e a natureza. Guiados por Xabier Prieto Espiñeira, avezado naturalista ferrolán e autor do blogue “Bichos e demais familia“, coñeceremos…
Estamos fartas, Sr. Feijóo! Carta aberta da “APDR” ao presidente da Xunta de Galicia
En Pontevedra somos moitas as persoas que estamos fartas de aturar a presenza de ENCE na nosa Ría e nas nosas vidas,… que estamos fartas de ver como o dominio público marítimo-terrestre (DPMT), que nos pertence a todas nós, está ao servizo exclusivo dunha empresa que leva máis de 60 anos estragando a nosa Ría,…
A ría de Arousa rexeita o novo proxecto de explotación para a mina de Touro e esixe a súa restauración
Unha ampla representación da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA): confrarías de pescadores e agrupacións de produtores de mexillón, alén da Plataforma mina Touro-O Pino Non, colectivos ecoloxistas e sociais, reiteramos a nosa firme oposición ao proxecto de reapertura da explotación da mina de Touro. Logo de que en febreiro pasado Industria rexeitara…
As organizacións ecoloxistas queremos participar no observatorio da eólica mariña criado pola Xunta
ADEGA, CEMMA (Coordenadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños, FEG (Federación Ecoloxista Galega), Grupo Naturalista Hábitat, SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural), SGO (Sociedade Galega de Ornitoloxía) e Verdegaia vimos de solicitar á Xunta a inclusión dunha representación do ecoloxismo galego no “Observatorio da eólica mariña”. O pasado 9 de xuño a Xunta anunciaba a…
A FEG chama a participar na Marcha Contra Celulosas o vindeiro 4 de xullo en Pontevedra
A mobilización cidadá, persistente dende a instalación da industria, é un instrumento fundamental para conseguir a saída da fábrica de ENCE da Ría de Pontevedra, para que se devolvan á cidadanía os terreos públicos que ven ocupando desde fai tantos anos, para a súa recuperación ambiental, para permitir o desenvolvemento de actividades sostibles na ría…
Unha plantación de eucaliptos dana gravemente un castro en Alfoz mal catalogado
ADEGA e Mariña Patrimonio presentaron denuncia perante a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural por mor dos posibles danos ocasionados no xacemento arqueolóxico do Castro da Croa de Montoxo (Alfoz – Lugo), durante a realización de traballos forestais de corta e replantación de eucaliptos. Ao visitaren o xacemento, ADEGA e Mariña Patrimonio comprobaron que se abriran…
Eólica mariña: outra volta o carro diante dos bois
Xa están en tramitación dous parques eólicos (Iberdrola) fronte á costa galega, mesmo denantes de existir unha planificación do sector enerxético no mar. Nen sequera agardaron á aprobación do POEM (Plano de Ordenamento do Espazo Mariño) que nestes intres tramita o Ministerio, e que aliás da enerxía atinxe a outras moitas actividades e usos que…
Campaña 2021 – Vacaloura (Lucanus cervus)
Un ano máis xa están a voar as nosas queridas vacalouras e dende o G.N. Hábitat voltamos a animarvos a participar na toma de citas que comezamos a recabar o pasado ano 2016 coa proclamación da vacaloura como “Especie do ano 2016”. Levamos máis de 400 citas nas 4 provincias galegas que nos permitirán seguir…
ADEGA pide a caducidade dunha megacentral de bombeo de FENOSA na Limia
En 2017 o Estado emitiu declaración favorábel ao proxecto de GN-FENOSA (hoxe Naturgy) de unir os encoros das Cunchas e Salas mediante unha central de bombeo en caverna. Pasados 4 anos sen realizar o proxecto, a empresa pide prorrogar a Declaración de Impacto Ambiental. Eis as razóns polas que ADEGA se opón: Unir os encoros…
Froxán Roga o 3 de Xullo: Recuperación do Bosque autóctono
O SÁBADO 3 de XULLO as Brigadas retoman os traballos de consolidación do bosque nativo na contorna da Casa da Susana, onde crianzas e familias plantaran en 2017 centos de árbores, na Área Conservada pola Comunidade de Froxán (Lousame). A roga comezará ás 9:30 da mañá para evitar as horas de calor. Para participar é imprescindíbel, alén de estardes inscritas como Brigadistas, enviar un…
O Porto de Vilargarcía teima en seguir deitando dragaxes en Sálvora malia á prohibición do Ministerio
O pasado abril o Ministerio de Transición Ecolóxica prohibíu o depósito de áridos no punto de vertido de Sálvora até contar con alternativas. Sorprende que Vilagarcía, dependente de Portos do Estado (Ministerio de Transportes), pretenda agora deitar máis dragaxes nese mesmo punto. Nestes días remata o prazo de consultas previas do proxecto de dragaxe da…