O Porto de Vilargarcía teima en seguir deitando dragaxes en Sálvora malia á prohibición do Ministerio

O pasado abril o Ministerio de Transición Ecolóxica prohibíu o depósito de áridos no punto de vertido de Sálvora até contar con alternativas. Sorprende que Vilagarcía, dependente de Portos do Estado (Ministerio de Transportes), pretenda agora deitar máis dragaxes nese mesmo punto.

Nestes días remata o prazo de consultas previas do proxecto de dragaxe da dársena e accesos do porto de Vlagarcía, dependente do Minsterio de Trnansportes. As obras pretenden extraer uns 100.000 metros cúbicos de sedimentos, fundalmentamente lamas, da canle de entrada e zonas da dársena até acadar a cota -10. Estes materiais, algúns con potencial contaminante (metais pesados e hidrocarburos) serían vertidos na boca da ría de Arousa nunha zona próxima á Illa de Sálvora, que o Ministerio de Transición Ecolóxica clausurou diante das protestas das confrarías e ecoloxistas e as advertencia do persoal investigador do IIM (Instituto de Investigacións Mariñas).

O proxecto de dragaxe redactado en novembro de 2020 é anterior á decisión de suspender as actuacións de vertido en Sálvora tomada polo Minsterio de Transición Ecolóxica en abril de 2021. Porén, este organismo nen sequera debería ter admintido a trámite un proxecto que vulnera a resolución de non verter máis dragaxes en Sálvora até estudar outras alternativas menos impactantes.

Deficientes estudos técnicos e ocultación das cantidades reais vertidas

O presente proxecto de dragaxe do porto de Vilagarcía dá por bos os estudos técnicos que xustifican a idoneidade do punto de vertido de Sálvora. Son o “Estudo da zona de vertido Sálvora” realizado por Portos de Galiza e o “Estudo de dispersión de sedimentos en Sálvora” realizado pola consultora Aquatica ingeniería civil, ambos en 2016.


Estes estudos descoñecen as cantidades reais vertidas en Sálvora e amosan importantes inexactitudes e contradicións. Minusvaloran o papel das correntes mareais e de afloramento e non explican onde foron parar 2 millóns de metros cúbicos de materiais vertidos e que xa non se atopan na zona.

Polo que atinxe ás cantidades totais vertidas, a documentación do proxecto cifra en 1,3 millóns de m3 o volume procedente das dragaxes históricas do Porto de Vilagarcía, aínda que recoñece “outras verteduras das que non se teñen datos”. Consultada a Subdirección Xeral para a Protección do Mar, achegou documentación que contradí ao Porto de Vilagarcía e estima en 3,9 millóns de metros cúbicos o vertido polos portos do Estado (Vilagarcía, Marín e Vigo) en Sálvora até 2017. A natureza dos materiais é maioritariamente lamas e pola composición sitúanse na categoría II, dada a presenza de contaminantes (cadmio, chumbo e materia orgánica nos do porto de Vilagarcía e mercurio e cobre nos de Marín).

Considerando que os datos batimétricos do punto de vertido de Sálvora confirman a presenza duns 1,9 millóns de m3 de sedimentos (areas gosas, cantos e gravas), nun montículo alongado (pluma de dispersión) cara o interior da ría. Pódese concluir que, contrariamente ao afiirmado nos estudos técnicos de que “a maior parte dos sedimentos vertidos permanecen in situ”, da área desapareceron 2 millóns de toneladas de materiais, os máis finos e con maior carga contaminante.

Os datos dos modelos de dispersión de correntes corroboran que estes materiais “perdidos” e con importantes cantidades de contaminantes foron recirculados novamente cara o interior polas mareas e as correntes de afloramento, incorporándose á cadea trófica das rías. Drgáronse materiais contaminados dos portos que acabaron dispersos por toda a ría, “socializando” a polución…

Dende ADEGA demandamos dos Ministerios de Transporte e Transición ecolóxica máis seriedade e coordenación deste asunto. Non resulta aceptábel que, coñecendo os riscos e incertidumes de seguir a verter materiais contaminados nun ecosistema mariño tan sensíbel e fráxil, do que dependen milleiros de postos de traballo nas nosas rías, sigan a xogar a trileiros coas dragaxes dos portos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: