30 colectivos ecoloxistas e naturalistas galegos reclaman a ampliación urxente e a mellora da xestión dos espazos naturais protexidos do país no Día Europeo da Rede Natura 2000
Categoría: Biodiversidade e espazos naturais
A FEG presenta alegacións á autorización ambiental de Greenfiber
A Federación Ecoloxista Galega presentou alegacións ao anuncio do 20 de febreiro de 2024, da Secretaría Xeral de Industria, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada (AAI), o estudo de impacto ambiental (EIA), a declaración de utilidade pública e o proxecto para a implantación dunha industria de fibra téxtil…
A FEG alega contra a solicitude de captación de agua do proxecto Gama solicitado pola empresa Altri-Greenfiber
A FEG solicita a Augas de Galicia que denegue a concesión para unha captación de augas do encoro de Portodemouros que atinxe aos nos concellos de Agolada, Santiso e Palas de Rei (expedienteDH.A36.88645), solicitada por ALTRI para o “Proxecto Gama” e se arquive o expediente. Os motivos para a alegación son: Posíbel incumprimento da directiva…
A Federación Ecoloxista Galega amplía a súa reclamación contra a certificación forestal de ENCE
No estado español operan dous sistemas de certificación forestal internacionais con ampla distribución, o PEFC (Programme for the Endorsement of Forest Certification), un sistema creado pola industria forestal e ao seu servizo, que non atende aos comentarios das partes interesadas na xestión e que carece da máis elemental credibilidade e o FSC (Forest Stewardship Council)…
A FEG apoia a manifestación En Defensa do Mar, domingo 21 de xaneiro en Compostela
O Movimento ecoloxista e o Sector do Mar organizan a Manifestación en Defensa do Mar o domingo 21 de xaneiro, ás 12h. na alameda de Compostela e remate na Praza do Obradoiro Fronte á situación creada pola chegada masiva de materiais plásticos ás costas galegas e diante dos potenciais riscos para a saúde, o medio…
Unha costa e un mar que coidar: a Federación ecoloxista Galega ante o vertido do granulado do Toconao
Un percorrido polos feitos recentes. Un feixe de motivos para reclamar outra forma de facer. Unha costa e un mar que coidar. 1- Un percorrido polos feitos recentes O buque mercante Toconao perdeu o pasado 8 de decembro seis contedores1 mentres navegaba a uns 80 quilómetros de Viana do Castelo. Un deles contiña 26,3 toneladas…
Nova crise ecolóxica na costa: vertido de pellets plásticos espallados por todo o litoral
Antecedentes O pasado 8 de decembro o barco Toconao con bandeira liberiana perdía no mar, á altura de Viana do Castelo, 6 contentores da súa carga. O barco fretado por unha compañía india e transportado pola Maersk tiña como destino os Países Baixos. O material transportado son “pellets” de resina plástica frabicados pola empresa polaca…
Millares de persoas mobilizáronse na defensa das montañas galegas fronte a especulación enerxética os pasados 9 e 10 de decembro polo Día das Montañas
A Coordinadora “Eólica Así Non” celebrou, os pasados 9 e 10 de decembro, 6 mobilizacións en territorios afectados pola invasión eólica, coincidindo co “Día das Montañas”: Amil (Moraña), A Fonsagrada, Lugo, Val do Dubra, Vilar do Barrio e Ortigueira. Con motivo do Día Mundial das Montañas, a Coordinadora Eólica Así Non, conformada por máis de…
A Federación Ecoloxista Galega presenta reclamación formal ao certificado de xestión forestal sustentábel concedida a ENCE
A Federación Ecoloxista Galega ven de enviar á empresa auditora alamana GFA, autora das auditorías para a concesión do certificado FSC de xestión forestal sustentábel de ENCE, un informe solicitando a cancelación deste selo que lle concedeu á empresa. Este selo FSC de xestión forestal sustentábel certifica que calquera produto no que figura o anagrama…
No Día Internacional contra os Monocultivos de Árbores, entidades conservacionistas piden a catalogación dos eucaliptos como especies exóticas invasoras
A Federación Ecoloxista Galega súmase ao Manifesto que solicita declarar dos eucaliptos como especies exóticas invasoras. O 21 de setembro, é o Día Internacional contra os Monocultivos de Árbores. Preocupados pola dimensión do problema do monocultivo de eucaliptos en Galicia e noutros lugares do norte da Península Ibérica, e conmemorando esta data, o Grupo Naturalista…
A Federación Ecoloxista Galega demanda medidas urxentes de control dunha nova planta con grande potencial de invasión, o Xenxibre do Himalaia
A Federación Ecoloxista Galega vén de dirixirse á Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería do Medio ambiente solicitando a posta en marcha de actuacións destinadas á erradicación dunha nova planta invasora que se atopa aínda nas primeiras fases de establecemento en Galicia pero que xa está presente en varios concellos do litoral e que…
A FEG ven de presentar achegas á Lei de Loita Integral contra os incendios forestais de Galicia
Durante o trámite de audiencia, a Federación Ecoloxista Galega, ven de presentar achegas ao Anteproxecto da Lei de loita integral contra os incendios forestais de Galicia. Para a FEG trátase dun proxecto que apenas aporta novidades significativas na política contra os lumes nunha etapa que esixe cambios substanciais que permitan controlar un problema que, a…