“Ti podes paralos!” acada o seu reto en 7 días: facer efectivas as paralizacións cautelares de Campelo e Bustelo

Hoxe é un día de celebración e de xúbilo para todas as organizacións, entidades, plataformas, e persoas particulares que coas súas achegas voluntarias contribuíron a facer posible a paralización efectiva dos parques eólicos Campelo e Bustelo a través da campaña “Ti podes paralos!”. Dous días despois de ter ingresado o depósito de caución para a paralización cautelar…

Máis de un milleiro de participantes na XI Limpeza Simultánea de Praias

Durante a pasada fin de semana (14 e 15 de Outubro), máis de 30 entidades e máis de 1000 persoas sumaron os seus esforzos ao longo do litoral galego para limpar as praias e denunciar a problemática ambiental do lixo mariño. Nesta undécima edición da Limpeza Simultánea de Praias retirouse, en total, case unha tonelada de lixo dos nosos areais. Aínda…

Ti podes paralos!: recadación solidaria pola paralización cautelar efectiva dos parques eólicos Bustelo-Campelo-Monte Toural

ADEGA lanza hoxe a campaña de recadación solidaria “Ti podes paralos!” para conseguir recadar antes do 1 de novembro os 20.000 euros que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) require como caución ou aval para facer efectiva a paralización cautelar dos proxectos eólicos Campelo e Bustelo, promovidos por Greenalia nos concellos de Santa Comba, Coristanco e Carballo. Este aval ou garantía requírese ás…

A Fiscalía investigará á Xunta pola vaga de lumes deste verán

A Fiscalía vén de remitir resposta ás denuncias presentadas polas diversas entidades que conforman “Por un Monte galego con Futuro” informando que incoará dilixencias coa fin de determinar a posíbel comisión dun delito contra o medio ambiente dos artigos 325 e 326 do Código Penal, relativo á protección da flora. A Fiscalía lembra que, en…

Custodia do territorio e voluntariado (Campaña 2022)

Para participar nas diferentes actividades abertas ao público é imprescindible a inscrición previa a través do seguinte formulario:  Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014 Anímate e ven connosco! O PROGRAMA “CUSTODIA DO TERRITORIO E VOLUNTARIADO” Por quinto ano consecutivo, encarando un lustro de actividades a prol do patrimonio natural da cidade, a Concellería de Medio Ambiente…

O CES detecta numerosas eivas na Avaliación Ambiental e incompatibilidades co P.O.L e Lei de Costas no Hotel-Talaso de San Vicente

O CES presentou en setembro observacións a este proxecto. O DAE (Documento Ambiental Estratéxico) estivo a exposición pública para poder pasar o trámite da avaliación ambiental simplificada. Trátase dun proxecto de hotel de 82 prazas. Cunha ocupación total entre persoas aloxadas, usuarios dos servizo do talaso e traballadores de 527 persoas, e 72 prazas de…

Vitoria! O Supremo anula definitivamente o Parque Eólico Serra do Iribio no Courel

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza  (ADEGA), a Sociedade Galega de Ornitoloxía  (SGO), e a Fundación Ouso Pardo (FOP) celebramos a sentenza do Tribunal Supremo que confirma a nulidade da autorización do parque eólico lucense de Iribio (ou Oribio). Esta autorización foi outorgada no ano 2019, empregando unha declaración de impacto ambiental (DIA) concedida catorce anos…

Xornada sobre a señoriña dos brañais – Euphydryas Aurinia – especie do ano 2022 na rbmcetm

Comprácenos anunciar a celebración da IX xornada no marco da iniciativa “Especie do Ano na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo“. Este ano 2022 a especie escollida é unha bolboreta de tons alaranxados ligada ao noso sotobosque e aos prados húmidos, a señoriña dos brañais, Euphydryas aurinia. Nesta xornada, expertos achegarannos coas súas conferencias…

ADEGA promove a catalogación e inventario de humidais para dotalos de protección

O Inventario de Humidais e as zonas protexidas no Plano Hidrolóxico son dúas ferramentas útiles para preservar da degradación as áreas húmidas galegas, ameazadas por infraestruturas e eólicos. ADEGA promove o coñecemento e catalogación destes espazos por veces esquecidos polas administracións e que a miúdo rematan degradados por eólicos, canteiras, eucaliptos… Foi por iniciativa de ADEGA que…

2º Encontro transfronteirizo “Vémo-nos no monte” en Meira (Moaña)

Logo do éxito do primeiro encontro transfronteirizo do proxecto “Vemo-nos no monte!” organizado este verán na Serra da Estrela en Portugal, nos días 7, 8 e 9 de outubro serán as brigadistas voluntarias de Portugal as que nos visitarán para unha fin de semana de accións de eliminación de especies exóticas invasoras, formación e convivio en Moaña….