Encontros Naturalistas 6-04-14: I Sondaxe GCT-SECEM Ibérica de Teixugueiras

Nos encontros naturalistas de abril aprenderemos unha chea de cousas interesantes sobre o teixugo (Meles meles) da man dun experto na materia, Xosé Pardavila, biólogo e membro do Grupo de Estudio dos Animais Salvaxes (G.E.A.S.). Ademais de afondar no coñecemento desta especie, Xosé daranos as claves para participar na I Sondaxe Ibérica de Teixugueiras, organizada…

Encontro Cicloturista 2014 de Verdegaia

Un espazo de encontro de ciclousuarios e ciclousuarias percorrendo parte do río Miño, dende o interior de Galicia, pasando por Portugal e chegando a costa ate rematar en Baiona. Esta nova iniciativa de Verdegaia pretende apostar por outra forma de viaxar, de coñecer, máis relaxada, ecolóxica e gratificante no que empregaremos un modo de transporte totalmente ecolóxico…

I Maratón ornitolóxica na Reserva da Biosfera MCeTM

A maratón ornitolóxica é unha actividade lúdica que consiste en identificar por equipos o maior número posible de especies de aves silvestres dentro de cada un dos municipios da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” e A Coruña nun tempo determinado. O obxectivo é achegar o avistamento e a identificación de aves…

Vai de Roteiros! polo esteiro do Miño

Verdegaia organizará o vindeiro domingo 16unha nova actividade encadrada no seu programa de roteiros“Vai de roteiros!”,desta volta polo Esteiro do Miño. A saída realizarase en autobús de liña ás 9:50 h. dende a estación de autobuses de Vigo, para comezar a camiñar sobre as 11:30 h. na parroquia de Salcidos (A Guarda). A volta a Vigo…

Encontro galego de educación ambiental. Novos escenarios, novas miradas

A Federación Ecoloxista Galega-FEG, o grupo de investigación Pedagoxía Social e Educación Ambiental-SEPA da Universidade de Santiago de Compostela e a Sociedade Galega de Educación Ambiental-SGEA convocan o Encontro galego de educación ambiental: novos escenarios, novas miradas, que terá lugar o 25 de xaneiro de 2014. O encontro quere ser un espazo no que coñecer iniciativas concretas…