Vai de Roteiros! polo esteiro do Miño

1-Vai_de_roteiros_13-14Verdegaia organizará o vindeiro domingo 16unha nova actividade encadrada no seu programa de roteiros“Vai de roteiros!”,desta volta polo Esteiro do Miño. A saída realizarase en autobús de liña ás 9:50 h. dende a estación de autobuses de Vigo, para comezar a camiñar sobre as 11:30 h. na parroquia de Salcidos (A Guarda). A volta a Vigo está estimada sobre as 20:00 h.

O programa Vai de roteiros! abrangue a totalidade da xeografía galega e zonas próximas, perseguindo diferentes fins como servir para divulgar os valores naturais, culturais e etnográficos das zonas visitadas, dar a coñecer e denunciar as desfeitas que se detectan nas zonas polas que transcorra o roteiro, fomentar a participación cidadá en actividades relacionadas coa natureza, ser un elemento de ocio máis ofertado gratuitamente á cidadanía, e fomentar o traballo conxunto entre asociacións, entre outras finalidades.

Así, cada terceira fin de semán do mes, un dos núcleos comarcais de Verdegaia é responsable da organización e realización dun roteiro no que tentamos integrar elementos naturais e culturais, educativos e reivindicativos para coñecer e valorar mellor o noso medio e o noso impacto sobre el.

.

O itinerario previsto é o seguinte: parroquia de Salcidos, bosque de ribeira e canaveiral de Salcidos, observatorio de aves fronte á Illa Canosa, observatorio de aves no Forno do Duque, A Pasaxe, praia de Codesal, praia e dunas de Camposancos. A volta consistirá en realizar o percorrido inverso.

O Esteiro do Miño é un lugar de extraordinaria beleza e un espazo natural incluído na Rede Natura 2000 como Z.E.P.A. (Zona de Especial Protección para as Aves) e L.I.C. (Lugar de Importancia Comunitaria) amais de ser Z.E.P.V.N. (Zona de especial protección dos valores naturais). Entre os valores naturais máis salientables deste espazo están as comunidades de aves invernantes, moitas delas incluídas na Directiva 2009/147/CEE de conservación das aves silvestres da UE, e un bo número de especies de animais silvestres incluídas na Directiva 92/43/CEE de conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres da UE.

O roteiro é de inscripción obrigatoria e é aberto e gratuíto á cidadnía en xeral; contará coa presenza dun guía da asociación que irá informando ás/ós asistentes dos diferentes valores e aspectos que se vaian observando ó longo da xornada. Cómpre levar comida, bebida e roupa e calzado axeitados.

O percorrido ate o Esteiro do Miño realízase en transporte público colectivo para fomentalo entre a cidadanía e para non contribuír ó avance da mudanza climática.

Para máis información e inscripcións: Diego R. Vieites, Coordenador do Programa Vai de Roteiros de Verdegaia (670 784 919).

verdegaia

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s