Balsa mineira do Monte Neme: 23 mil m3; balsa de Corcoesto con arsénico e cianuro: 11 millóns de m3. Xunta: Todo controlado?

Balsa-Corcoesto

Balsa Corcoesto

ADEGA quere expresar a súa solidariedade coa cidadanía afectada pola enxurrada da balsa mineira carballesa, veciñanza e concello que por certo veñen reclamando dende hai meses á Xunta un plano de seguranza para esta instalación, plano que agora chegará tarde.

Resulta curioso que este accidente aconteza nunha comarca arestora ameazada pola maior explotación de ouro a ceo aberto do estado: A mina de Corcoesto. Este proxecto mineiro tiña deseñado senllas balsas para as augas e lamas con altos contidos en arsénico e cianuro procedentes do lavado e do proceso de lixiviación do mineral, cunha capcidade conxunta de 11 millóns de m3.

De producírese un accidente similar ao acontecido onte no Monte Neme, a candidade vertida sería o duplo que en Aznalcóllar en 1998, e non só de metais pesados. Milleiros de toneladas de arsénico e cianuro baixarían pola bacía do Anllóns cara o mar, podendo depositar unha capa de case 3m de lamas tóxicas sobre as 400 hectáreas do esteiro do Anllóns e a ría de Ponteceso.

Resulta curioso comprobar que na DIA (Declaración de Impacto Ambiental) de Corcoesto que aprobou a Xunta non aparece a necesidade de contar cun Plano de Emerxencia Exterior, xa que consideraron aos residuos de arsénico e cianuro como “non tóxicos, non perigosos”.

As hipotecas ambientais da minaría

Mais este non é o único risco para a vida e o ambiente das balsas tóxicas deixadas pola actividade mineira. En Cervo, a balsa de lamas vermellas da fatoría de Alcoa (esta sí que conta cun Plano de Emerxencia Exterior), moi similar á que rachou en Hungría en 2010, pendura sobre a Mariña e acumula cada ano máis residuos.

E en Meirama (Cerceda) e As Pontes, as macrobalsas mineiras ácidas (denominadas eufemisticamente lagos) están moi lonxe de ser ese bucólico entorno que tentou vender Endesa, malia a todos os parabéns e permisos favorábeis da Xunta. En ambas as dúas instalacións, ao igual que en Corcoesto, minimizáronse os riscos sísmicos e ignorouse deliberadamente a toxicidade dos materiais depositados nelas.

O accidente da balsa mineira do Monte Neme exemplifica o que acontece cando unha administración mira máis polos intereses das empresas que pola saúde do ambiente e da cidadanía. Fuxir da responsabilidade de controlar e obrigar ás mineiras a cumprir coa lexislación ambiental, bendicindo administrativamente proxectos inseguros e delirantes como o de Corcoesto ou As Pontes, abeira a neglixencia criminal.

Que tería acontecido se a balsa accidentada fóra a de Corcoesto, á que a Xunta deu todas as beizóns ambientais? Quen faría fronte aos danos ao medio, aos recursos, os bens e a saúde da veciñanza afectada durante ducias de anos?

adega

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s