O vindeiro domingo día 13 de xullo ás 10:00 horas, tendo coma punto de encontro a estación de autobuses, levarase a cabo a primeira xornada de limpeza do río Gafos do ano 2014. Ó remate da xornada haberá un xantar como é costume nesta actividade. Máis información: Gonzalo 675 547 449
Categoría: Convocatorias
3º Roteiro contra o desdobramento do Corredor do Morrazo
A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo organiza o domingo 13 de xullo o terceiro roteiro contra do desdobramento en autovía do corredor de alta capacidade do Morrazo. O percorrido cuxo trazado será circular, sairá ás 11 da mañá diante da capela de San Bieito en Domaio (Moaña), tendo prevista a volta ao mesmo…
Marcha Contra Celulosas 2014
ENCE e ELNOSA pretenden permanecer na Ría máis aló do 2018 e o PP non o vai impedir. O acordo Xunta-ELNOSA, que fixa o fin da actividade da cloreira no 2017, é papel mollado xa que non obriga á empresa a cumprilo. Pola súa banda, a modificación da Lei de Costas permite a concesión dunha…
Concurso de ideas para o deseño (Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo)
A Asociación de Desenvolvemento Rural “Mariñas- Betanzos”, entidade xestora da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”, convoca un CONCURSO DE IDEAS PARA O DESEÑO DUN LOGOTIPO que sirva como posible imaxe da RESERVA DE BIOSFERA “MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO”, non só na difusión de información da Reserva e nas súas actividades, senón tamén…
1º Roteiro contra do desdobramento do corredor do Morrazo
A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo organiza o 1º roteiro contra do desdobramento do corredor de alta capacidade do Morrazo en autovía pola zona afectada dos montes de Moaña para o vindeiro sábado 14 de xuño. Vai ser circular con saída ás 11 da mañá e chegada ás 13:30 no igrexario de San Martiño…
Encontros Naturalistas 8 de xuño: limpeza de praias
Este domingo 8 de xuño, con motivo do Día Mundial dos Océanos, aportaremos o noso gran de area á súa conservación recollendo a basura da praia da Abeleira en Ponte do Porco (Paderne). Esta actividade enmárcase na II xornada de limpeza simultánea de praias organizada por ADEGA. Alén do impacto visual que os residuos plásticos…
Vai de Roteiros! pola serra do Xistral
O próximo domingo 15 de xuño terá lugar unha nova edición do noso programa VAI DE ROTEIROS!. Esta vez será un roteiro pola Serra do Xistral. Datos principais: Hora de saída: 09:00 h na escalinata de Correos en Ferrol para coller o bus Hora de regreso: 20:30 h Distancia: 13,9 km Duración: 6,5 horas Concellos: Muras,…
Alternativas de produción ecolóxica no rural e roteiro polo río Merín (Vedra).
Dentro do programa anual de Vai de Roteiros quixemos adicar unha xornada a analizar a situación do noso rural dende diversas perspectivas: como lugar para vivir e manter unha actividade económica, como sustento de comunidades humanas e cultura popular, como paisaxe e entorno natural, etc. Por iso, dende o núcleo comarcal de Compostela deseñamos este roteiro…
III Xornada de Iniciación á Ornitoloxía. 30-31 maio 2014
O vindeiro venres 30 e sábado 31 de maio terá lugar a III Xornada de Iniciación á Herpetoloxía, organizada polo CEIDA e aSociedade Galega de Ornitoloxía (SGO) coa colaboración de Grupo de Anelamento Píllara e Grupo Naturalista Hábitat.É unha xornada divulgativa dirixida ao público en xeral interesado en iniciarse no mundo da ornitoloxía, facendo especial fincapé nas aves…
10 de maio: Día da Ciencia na Rúa en A Coruña
O vindeiro sábado 10 de maio terá lugar a XIX Edición do Día da Ciencia na Rúa, que organiza a Asociación de Amigos da Casa das Ciencias.É un día de lecer no que se pon de manifesto que a ciencia, en todas as súas variantes, é un campo divertido e presente nas nosas vidas de…
Participa na IV edición dos concursos de Fotografía, Relato e Curtas polo Territorio
O prazo de presentación dos orixinais remata o 1 de novembro de 2014. ADEGA convoca unha nova edición dos Concursos polo Territorio, co gallo de ofrecer de novo á sociedade galega unha oportunidade de retratar o estado actual do noso territorio a través da imaxe e da palabra. Por cuarto ano consecutivo, os certames pretenden…
Exposición “Vida silvestre do encoro de Cecebre” en Arteixo
Comprácenos anunciar que as obras presentadas ao I Certame de Debuxo de Natureza “Vida silvestre do encoro de Cecebre” están expostas na Aula da Natureza de Arteixo (Travesía de Arteixo 309- A) ata o 25 de abril, e pódense visitar de luns a venres de 10 a 13 horas. Un total de 88 artistas (51 nenos e 37 adultos)…