3º Roteiro contra o desdobramento do Corredor do Morrazo

roteiro-domaioA Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo organiza o domingo 13 de xullo o terceiro roteiro contra do desdobramento en autovía do corredor de alta capacidade do Morrazo.

O percorrido cuxo trazado será circular, sairá ás 11 da mañá diante da capela de San Bieito en Domaio (Moaña), tendo prevista a volta ao mesmo lugar ás 13:30 h. Pasará polo núcleo rural da Costa, área de lecer de O Souto, sendeiro do rego e muíños da Freixa, A Devesa, paso, ponte das Meáns, Chan do Porco, sendeiro do rego da Miñouba, Poza da Moura, muíños da Máquina e de José María, paso elevado, Pedra do Navío, núcleo rural de Os Carballiños e Picouto do Gando, camiño do Prado, ponte e muíño do Rial, camiños do Soutiño e O Barquiño, Cruceiro do Carballo do Raposo, até chegar de novo diante da capela.

O percorrido coincidirá grande parte co sendeiro municipal de curto percorrido dos regos da Freixa e da Miñouba. Para axustarse ao horario previsto omitiranse os tramos por A Pasaxe e os de enlace coas desembocaduras polo núcleo urbano. A grande cantidade de lugares a visitar correspóndese coa riqueza de nommes provenientes da microtoponimia local. Malia o bo estado do sendeiro o percorrido é dunha dificultade media-alta con fortes pendientes de subida no sendeiro do rego da Freixa e de baixada no sendeiro da Miñouba.

Para chegar ao punto de saída hai que coller a estrada PO-551 até o núcleo urbano da parroquia de Domaio, onde ao chegar ao paso peoníl con semáforos para coller (á esquerda si se ven desde Moaña ou á dereita si se ven da AP-9 de Rande ou da N-550 de Vilaboa) a estrada EP-1103 San Bieito-Verdeal no desvío existente entre a sucursal de Abanca e o bar Tropicana. A capela de San Bieito está á beira da EP-1103 a uns 500 metros da PO-551.

Pregamos ás persoas que vaian participar no roteiro a máxima puntualidade para sairmos na hora marcada e en previsión de haber un día solleiro e malia que o percorrido vai ser na súa maioría por camiños entre o arborado aconsellamos levar gorra, vestimenta lixeira e de trote, envase para auga e crema para a pel.

Por responsabilidade, ética e polo reducido tamaño do aparcadoiro diante da capela e arredores emprazamos a todas aquelas persoas que se acheguen en vehículo privado que traten de compartilo até enchelo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s