Comunicado da plataforma Galiza un futuro sen carbón As emisións de dióxido de carbono (CO2) das centrais de carbón situadas no noso país caeron o 75,2% en 2019 con respecto a 2018, baixando de 10,1 a 2,5 millóns de toneladas (t). Isto provocou que as emisións territoriais totais de Galicia se sitúasen no nivel máis…
Categoría: Enerxía
Proxecto mineiro de Touro: apaña o cobre e corre (outra vez)
A explotación do cobre en Touro resucita para aproveitar o alto prezo do metal empurrado pola demanda asiática. Sobre a paisaxe luar das explotacións históricas abandonadas, o novo proxecto nen resolve vellos problemas nen garante solucionar os novos. A empresa Cobre San Rafael SL ten a concesión de explotación do xacemento “San Rafael” (O Pino…
Soterramento da liña eléctrica de Monteporreiro …. Pero aplicando o principio de precaución.
Agora, que se reaviva o debate e as posibilidades de acordo para desenvolver dito soterramento demandado pola veciñanza de Monteporreiro, queremos matizar algunhas cuestións ao respecto na mesma liña que fixemos en 2010. A demanda de soterramento naceu da necesidade de protexer a saúde da poboación, na procura da diminución do nivel de exposición á…
ADEGA e outras 14 entidades solicitamos a Industria a nulidade da autorización de Reganosa e o cumprimento das sentenzas do Supremo
ADEGA, A. C. Fuco Buxán, A.VV Cuco Ruiz Cortazar de Caranza, A.C. Muiño do Vento de Canido, Confraria de Pescadores de Ferrol, Confraria de Pescadores San Telmo de Mugardos, EU Ferrol, EU Mugardos, Fundación Artabría. Grupo Municipal do BNG Ferrol, Iniciativa Cidadán de Mugardos, Memoria Histórica Democrática, Plaataforma dos veciños “O Cruceiro de Mehá”. PSdeG-PSOE…
ADEGA alerta sobre o impacto ambiental e na saúde da gasolineira de Carrefour de Lugo
ADEGA celebrou antonte, coa colaboración da “Plataforma Miño SI, Gasolineira NON” e da USC, unha mesa redonda na Casa do Saber de Lugo, a que se puxo de relevo o impacto ambiental e na saúde das persoas que suporía a instalación dunha gasolineira nas inmediacións do centro comercial de Carrefour, a escasos 70 metros do…
Paso atrás da UE na loita contra o cambio climático para contentar a eléctricas e nucleares
As propostas feitas públicas este día 22 pola Comisión Europea no Libro Brancopara loitar contra o cambio climático na UE ameazan con derramar o progreso realizado até hoxe no continente na redución de emisións, o desenvolvemento das enerxías limpas e a eficiencia enerxética. A Comisión propón para o 2030 unha redución interna do 40% nas emisións de gases…