Soterramento da liña eléctrica de Monteporreiro …. Pero aplicando o principio de precaución.

Agora, que se reaviva o debate e as posibilidades de acordo para desenvolver dito soterramento demandado pola veciñanza de Monteporreiro, queremos matizar algunhas cuestións ao respecto na mesma liña que fixemos en 2010. A demanda de soterramento naceu da necesidade de protexer a saúde da poboación, na procura da diminución do nivel de exposición á contaminación electromagnética. Xa en marzo de 2011, Javier Guerra, o Conselleiro de Economía e Industria da época [1] recoñeceu a necesidade desta intervención en Monteporreiro “para loitar contra a contaminación eléctrica e o feísmo”.

Neste sentido, os soterramentos das liñas de alta tensión só serán eficaces se son quen de rebaixar a exposición ata niveis biolóxicamente admisíbeis de contaminación.

…. Pero en base a que límites?. Chegados a este punto, convén lembrar que os “obsoletos” límites legais de exposición actuais aos campos electromagnéticos en xeral, non so foron cuestionados, solicitando a súa redución, en declaracións do Parlamento Europeo (2008 e 2009), da Axencia Europea de Medio Ambiente desde 2007 e da Asemblea Parlamentar do Consello de Europa (2011), se non que, en concreto, as moi baixas frecuencias das liñas de alta tensión, transformadores e subestacións, clasificadas como posíbel carcinóxeno (grupo 2b) pola IARC/OMS no 2001, xa deberían considerarse, cos criterios da OMS, como carcinóxeno para o ser humano (grupo 1) segundo as conclusións do Informe BioInitiative en 2012 [2] (revisión actualmente de máis de 4.200 estudos científicos sobre campos electromagnéticos que solicita rebaixar o límite de exposición a 0.1 microteslas). O propio proxecto ARIMMORA [3] fundado pola Comisión Europea e patrocinado por grandes empresas do sector eléctrico e das telecomunicacións adiantou en 2015 observar unha relación entre a exposición a 0.3 microteslas (valor 99,7 inferior ao límite legal) e o aumento do risco de leucemia infantil e fala da necesidade de “medidas razoables para previr o minimizar a exposición”.

Non podemos esquecer que as prácticas convencionais do soterramento das liñas de alta tensión a 1-2 metros do chan, non protexen en si mesmas xa que aumentan os niveis de exposición desta contaminación ambiental (o pico de campo magnético máximo) na súa liña vertical [4], como lembrou o Dr. Ceferino Maestu (Director do Laboratorio de Bioelectromagnetismo do Centro de Tecnoloxía Biomédica da Universidade Politécnica de Madrid) á veciñanza de Pontevedra en 2009 (invitado por organizacións como a APDR e a Federación veciñal Castelao) e á veciñanza de Bértola (invitado polo Concello de Vilaboa).

Ante a indefensión actual dos límites de exposición da normativa estatal é necesario e urxente un cambio da normativa galega e municipal  nos regulamentos de liñas de alta tensión, subestacións e transformadores baseados nos principios de precaución e ALARA/ARATA (a mínima emisión razoábel e tecnicamente posíbel). Xa contamos con precedentes normativos máis proteccionistas noutros países e no propio estado español, a nivel municipal (Jumilla [5]) e autonómico (Castela e León [6]).

A APDR aposta por aplicar as recomendacións proteccionistas incumpridas da Resolución 1815 da Asemblea do Consello de Europa [7], recollidas no Manifesto Europeo por unha regulación da exposición aos campos electromagnéticos (CEM) que protexa realmente a saúde pública [8].

A xunta directiva da APDR

[1] Ver declaración de Javier Guerra en: http://www.xunta.gal/hemeroteca/-/nova/010765/javier-guerra-reactiva-soterramento-lina-alta-tension-barrio-pontevedres-monte e http://diariodepontevedra.galiciae.com/noticia/91481/industria-reactiva-el-soterramiento-de-la-linea-de-alta-tension-de-monte-porreiro

[2] “Hai   evidencias  suficientes  de  estudos  epidemiolóxicos  dun  aumento  do  risco  [da leucemia infantil] pola  exposición  aos  CEM (CEM de frecuencia da rede de alimentación eléctrica) que non se pode atribuír á casualidade, a nesga  ou  a  confusión.  Polo  tanto,  de  acordo  coas  regras  da  IARC  tales  exposicións  poden  ser  clasificadas como un carcinóxeno no Grupo 1 (carcinóxeno coñecido)”. Ver Táboa 1-1 das conclusións da actualización do 2012 do Informe BioInitative:

http://www.apdr.info/electrocontaminacion/Documentos/Investigacion/bioinititive/2012/section_1_table_1_Bioinitiative2012_gal.pdf

Ver Informe BioInitiative en: www.bioinitiative.org/

[3] Report on awareness and wider societal implications. Advanced Research on Interaction Mechanisms of electroMagnetic exposures with Organisms for Risk Assessment. 15.04.2015. Ver en: http://arimmora-fp7.eu/uploads/Deliverable_10.18_Final.pdf

[4] Nas liñas soterradas “tan só 1 m por baixo do chan” o campo magnético redúcese nos laterais do condutor (en comparación cos valores dunha liña aérea), pero, pode ser maior pola zona onde a liña vai soterrada”. Desta maneira  temos que nunha poboación o campo magnético da liña soterrada pode estar máis próxima dos sitios habitados que no caso da liña aérea (de por exemplo, 10 metros por enriba do chan). Ver figura 3.8 [enriba], mostrando o comentado, en “Efectos sobre la salud humana de los campos magnéticos  y eléctricos de muy baja frecuencia (ELF)” (grupo de investigación PRINIA, Universidad de  Córdoba. Junta de Andalucia, 2010) en: http://www.juntadeandalucia.es/export/drupaljda/1_2044_efectos_salud_campos_magneticos_y_electricos_elf.pdf

[5] Ver normas urbanísticas del Plan General Municipal de Ordenación de Jumilla en http://www.borm.es/borm/documento?obj=bol&id=11833

[6] “As  novas  liñas  de  transporte  e  distribución  de  enerxía  eléctrica  en  alta tensión  e as  novas  subestacións  transformadoras  deberán  respectar  unha  distancia  ás construcións e instalacións con ocupación humana permanente, de 0,5 metros por cada kilovoltio de tensión, medidos en liña recta desde a proxección do eixe dos cables á superficie, cun mínimo de 5 metros.». Apartado 6 do artigo 18 do Regulamento de Urbanismo de Castela e León, introducido mediante o Decreto 6/2016, de 3 de marzo:

http://bocyl.jcyl.es/boletines/2016/03/04/pdf/BOCYL-D-04032016-1.pdf

[7]http://www.apdr.info/electrocontaminacion/Documentos/Institucions_Europeas/Resolucion.A.P.Consello.Europa.27.05.11.pdf

[8] O “Manifesto Europeo por unha regulación da exposición aos campos electromagnéticos (CEM) que protexa realmente a saúde” propón no seu punto 2: “REVISAR E MINIMIZAR OS LÍMITES DE EXPOSICIÓN (INMISIÓN) AOS CEM, COA CORRESPONDENTE MONITORIZACIÓN DO SEU CUMPLIMENTO, en base ao coñecemento dos efectos biolóxicos (térmicos e non térmicos) e os efectos adversos para a saúde, tal e como se solicita nos puntos 8.1.1 e 8.1.2 da Resolución APCE 1815 e as distintas declaracións da Axencia Europea de Medio Ambiente, en base ao Informe BioInitiative e á monografía ICEMS do 2010 sobre os efectos non térmicos dos campos electromagnéticos, e as Resolucións da ICEMS dende 2002” que no caso dos campos electromagnéticos de frecuencia extremadamente baixa (CEM-FEB/ ELF-EMF) supón: “1 mG -miligauss- (0.1 µT -microtesla-) en espazos habitábeis como límite de exposición máximo aos CEM de FEB/ EMF-ELF da rede eléctrica (liñas de alta tensión, subestacións, transformadores,…), que se garante cunha planificación urbana dunha distancia de seguridade das zonas habitadas de 1 m por cada Quilovoltio de tensión nominal  xa contemplada nalgunhas normativas, na liña recomendada polos puntos 8.4.1 y 8.4.2 da Resolución APCE 1815, e os puntos 8 e 26 da Resolución do Parlamento Europeo P6_TA(2009)0216 (“para reducir ao máximo a exposición dos residentes no caso de extensión dunha rede de liñas eléctricas de alta tensión”), en base á bibliografía científica avalada pola AEMA para a APCE en 2011 e a recomendación do Panel científico de Seletun 2009 …”. Ver Manifesto en:

http://www.peccem.org/DocumentacionDescarga/Campanas/ICE2013/GAL_MANIFESTO_EUROPEO_DE_APOIO_A_ICE.pdf . Ver asinantes do manifesto: http://www.peccem.org/DocumentacionDescarga/Campanas/ICE2013/SignatoriesManifestoECI_EMF_June-2016.pdf

Para máis información sobre os antecedentes dos “impactos ambientais das liñas e infraestruturas eléctricas” ver informe de Ecoloxistas en Acción: http://www.apdr.info/electrocontaminacion/Documentos/Artigos/articuloaltatension.pdf

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s