Afotando aves por Neda con Neboa Medioambiente

O soleciño destes días tamén acompañou a Néboa Medio Ambiente por Neda, moitos paxaros acompañan as nosas andainas pero as mellores fotos seguen a ser sempre as do noso compañeiro Simón que lle ten ben collida a medida aos martiños peixeiros e sempre consigue afotalos. Vos deixamos agora un par de fotos dos martiños peixeiros…

Custodia do territorio e voluntariado (Campaña 2022)

Para participar nas diferentes actividades abertas ao público é imprescindible a inscrición previa a través do seguinte formulario:  Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014 Anímate e ven connosco! O PROGRAMA “CUSTODIA DO TERRITORIO E VOLUNTARIADO” Por quinto ano consecutivo, encarando un lustro de actividades a prol do patrimonio natural da cidade, a Concellería de Medio Ambiente…

O CES detecta numerosas eivas na Avaliación Ambiental e incompatibilidades co P.O.L e Lei de Costas no Hotel-Talaso de San Vicente

O CES presentou en setembro observacións a este proxecto. O DAE (Documento Ambiental Estratéxico) estivo a exposición pública para poder pasar o trámite da avaliación ambiental simplificada. Trátase dun proxecto de hotel de 82 prazas. Cunha ocupación total entre persoas aloxadas, usuarios dos servizo do talaso e traballadores de 527 persoas, e 72 prazas de…

Vitoria! O Supremo anula definitivamente o Parque Eólico Serra do Iribio no Courel

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza  (ADEGA), a Sociedade Galega de Ornitoloxía  (SGO), e a Fundación Ouso Pardo (FOP) celebramos a sentenza do Tribunal Supremo que confirma a nulidade da autorización do parque eólico lucense de Iribio (ou Oribio). Esta autorización foi outorgada no ano 2019, empregando unha declaración de impacto ambiental (DIA) concedida catorce anos…

9 de outubro, primeira das andainas do XI OUTONO EN MARCHA con Senda Nova

Hoxe no Espazo da natureza de Oza cumpríronse 11 anos de rutas de outono para o coñecemento. Dende Senda Nova iniciamos un novo programa con vellos, moi vellos obxectivos:  coñecemento do entorno a través de percorridos deseñados para unir lugares de interese ambiental, cultural e paisaxístico. Todo isto co condimento especial da estación de outono,…

Xornada sobre a señoriña dos brañais – Euphydryas Aurinia – especie do ano 2022 na rbmcetm

Comprácenos anunciar a celebración da IX xornada no marco da iniciativa “Especie do Ano na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo“. Este ano 2022 a especie escollida é unha bolboreta de tons alaranxados ligada ao noso sotobosque e aos prados húmidos, a señoriña dos brañais, Euphydryas aurinia. Nesta xornada, expertos achegarannos coas súas conferencias…

Súmate á XI Limpeza Simultánea de Praias os días 14 e 15 de outubro

ADEGA convoca un ano máis a Limpeza Simultánea de Praias, que desta volta acada a súa XI edición, e terá lugar na fin de semana do 14 e 15 de outubro. Esta xornada de voluntariado ambiental ten o propósito de concienciar a sociedade na loita contra a contaminación mariña. Foron chamados a participar nesta limpeza simultánea de praias e…

A UNED de Lugo acollerá este sábado o XXXV curso de formación do proxecto ríos

Proxecto Ríos, o programa de voluntariado ambiental en ríos coordinado pola asociación ecoloxista ADEGA, celebrará o vindeiro sábado, 1 de outubro, o seu XXXV Curso de formación de coordinadores e coordinadoras de grupos do Proxecto Ríos. Desta volta, a xornada formativa dedicarase ao mexillón de río e á identificación dos macroinvertebrados biondicadores dos cursos fluviais….

ADEGA promove a catalogación e inventario de humidais para dotalos de protección

O Inventario de Humidais e as zonas protexidas no Plano Hidrolóxico son dúas ferramentas útiles para preservar da degradación as áreas húmidas galegas, ameazadas por infraestruturas e eólicos. ADEGA promove o coñecemento e catalogación destes espazos por veces esquecidos polas administracións e que a miúdo rematan degradados por eólicos, canteiras, eucaliptos… Foi por iniciativa de ADEGA que…