CERNA-Barómetro é unha iniciativa do Proxecto CERNA de ADEGA que pretende avaliar a comunicación dos temas ambientais nos medios durante un ano natural. Trátase de analisar, tanto cuantitativa como cualitativamente, o tratamento de determinados tópicos relacionados co medio ambiente nos medios de comunicación con presenza en Galiza. Deste xeito tentamos radiografar que temas ambientais son…
Categoría: Xeral
Lindano: outra herdanza tóxica do franquismo que ninguén parece querer solucionar
Os residuos do lindano, un pesticida canceríxeno fabricado por Zeltia nos anos 50 e 60 no Porriño seguen a ser un problema 60 anos despois. Arestora descoñécense todos os lugares de vertedura e mesmo áreas “tratadas” e “encapsuladas” a principios de 2000 carecen de mantemento e hai fugas. Despois que en 2017 apareceran cantidades elevadas…
Informe ADEGA: “5 Verdades e 5 mentiras sobre Alcoa. Na procura dunha solución integral para a Mariña”
ADEGA elaborou o Informe “5 Verdades e 5 mentiras sobre Alcoa. Na procura dunha solución integral para a Mariña” para introducir a perspectiva da organización ecoloxista no debate público que se está xerando arredor do futuro de Alcoa na Mariña Lucense ademais doutros elementos de discusión que contribúan a facer unha análise da situación máis…
A APDR denuncia novas obras nas instalacións de ENCE
Días pasados puidemos comprobar que no recinto industrial de ENCE en Lourizán, nunha franxa de terreo existente entre a zona ocupada polas novas instalacións de depuración da fábrica e a antiga planta de decantación de sólidos, nas proximidades do perímetro exterior que linda coa estrada Pontevedra-Marín, estanse a facer unhas obras para as que descoñecemos…
As Organizacións Ecoloxistas Galegas propoñen ás distintas formacións políticas 12 medidas de cambio cara á sustentabilidade
A Federación Ecoloxista Galega (FEG), en representación das entidades ecoloxistas e naturalistas ADEGA, ADENCO, APDR, CES, MEL, Néboa, Papaventos, Vaipolorío,Verdegaia, e Amigos da Terra, aproveita esta significativa data do Día Mundial do Medio Ambiente para facer chegar as súas propostas de cambio na xestión pública cara un modelo máis ecolóxico e sustentábel ás formacións políticas…
5 de xuño: ENCE fóra da ría, voltemos con xustiza ambiental e social !!
Este venres 5 de xuño, Dia Mundial do Medio Ambiente, ás 20:30h saímos á rúa cunha concentración na Praza da Ferreiría cos lemas: ENCE fóra da ría, voltemos con xustiza ambiental e social. A APDR artellou en Pontevedra a convocatoria do Movemento Galego Polo Clima, coordinada a nivel estatal coas plataformas 2020 Rebelión polo Clima…
Relativizamos o alcance do fallo sobre a caducidade de ENCE
Fronte á actitude triunfalista que adopta a empresa ENCE á hora de interpretar o fallo da Audiencia Nacional de desestimar o recurso presentado pola Asociación Pola Defensa da Ría contra a decisión do Ministerio de Medio Ambiente de declarar a caducidade parcial da concesión da fábrica de pasta de papel de Lourizán, a APDR quere…
Roteiro, cadea ciclista e palestras virtuais na Semana do Medio Ambiente con ADEGA
O vindeiro venres, 5 de xuño, celébrase o Día mundial do medio ambiente, establecido pola Organización das Nacións Unidas (ONU) para conmemorar a data da Conferencia de Estocolmo sobre Medio Ambiente de 1972 e para sensibilizar as persoas e aos organismos políticos sobre o coidado de medio ambiente. Desta volta, a ONU dedica o Día…
Acto fronte o Parlamento
Verdegaia vén de realizar un acto onte xunto co resto de colectivos da Coordinación Palestina.gal, no que fixemos entrega dunha carta para os grupos do parlamento Galego, para instar a que tomen medidas contra o plan de anexión dos territorios ocupados de Cisxordania que promove o Estado de Israel co apio do goberno de Trump,…
A Xunta pon en perigo numerosos xacementos arqueolóxicos ao publicar información errada da súa xeolocalización
No pasado mes de abril, a Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do Instituto de Estudos do Territorio, en colaboración coa Consellaría de Medio Rural e a Consellaría de Cultura e Turismo, actualizaba o visor de aproveitamentos forestais da Xunta. Un dos principais obxectivos desta tarefa, que implicou un investimento de 1.100.000…
Asociacións de toda Galicia lanzamos esta ALERTA AMBIENTAL
A XUNTA INTENTA APROVEITAR O ESTADO DE ALARMA PARA SACAR ADIANTE 1000 PROXECTOS INDUSTRIAIS ESPECIALMENTE CONTROVERTIDOS NUN MOMENTO NO QUE A CIDADANÍA NON TEN GARANTIZADOS OS SEUS DEREITOS O Consello da Xunta do xoves 30 de abril do 20201 aprobou reactivar a tramitación administrativa en materia de avaliación ambiental de 975 proxectos que estaban paralizados…
Mortaldade de peixes na Ría de Pontevedra. Quen é o responsábel?
Dende o 1 de maio de 2020 comezamos a atopar peixes mortos de orixe marino en distintos puntos da Ría de Pontevedra que chegaron ata o río Lerez. Nesta páxina iremos actualizando a información, ver (máis abaixo) a nota de prensa, e os vídeos e fotos recibidas. Seguimos indagando. Se podes aportar algunha información ou…