A decisión de ALCOA de pechar a planta de San Cibrao sementa serias dúbidas sobre o futuro ambiental da comarca e o destino da balsa de lamas tóxicas. Actualmente a balsa aínda non conta cun proxecto de peche e clausura definitivo, nen cun plano de descontaminación para unha dunha comarca maltratada por anos de permisividade…
Categoría: Xeral
ADEGA-Ferrolterra pula polo tren de proximidade no Día Mundial Sen Coches
ADEGA-Ferrolterra anima á cidadanía a que, neste 22 de Setembro, Día Mundial Sen Coches, deixe o coche particular na casa e cambie os seus hábitos no referente á súa mobilidade, favorecendo o uso de sistemas alternativos menos ou nada contaminantes, entre eles o tren, para deste xeito, mitigar o cambio climático e para írmonos preparando…
Feijóo segue a representar os intereses de ENCE no parlamento galego
A referencia á empresa ENCE que o Presidente Feijóo fixo no seu discurso durante o debate de investidura no Parlamento galego, non pode deixar indiferente a ninguén; con efecto, e aínda que estamos afeitos a escoitar barbaridades por parte do PP -e do propio Feijóo- na súa impresentábel defensa desta empresa, condenada por delito ecolóxico,…
ADEGA presenta alegacións ante unha concesión mineira sen a avaliación de impacto ambiental en Beariz.
ADEGA vén de presentar, xunto co colectivo Mina no Cando Non, alegacións ante a Xefa do Servizo de Enerxía e Minas e o Xefe da Sección de Avaliación Ambiental como resposta a un novo ataque medioambiental perpetrado pola Xunta, quen quere aprobar o pase de permiso de investigación a permiso de concesión de explotación para…
De novo herbicidas nas vías férreas
Nos últimos anos vimos observando un preocupante aumento do uso de herbicidas por parte das administracións polas beiras das estradas. Esta triste moda de pasar da eliminación mecánica (roza) á química, tamén se estendeu polas vías férreas, onde a entidade responsable (ADIF), fumiga alomenos 2 veces ao ano. Por este motivo acabamos de enviar escrito…
Novo revés de ENCE nos tribunais de xustiza
Empresa ENCE e os seus Comités de empresa, veñen de sufrir un novo revés nos Tribunais de Xustiza. Desta volta, trátase da “NON ACEPTACIÓN A TRÁMITE” pola Sala Primeira da Audiencia Nacional dun escrito presentado pola empresa o pasado día 4 de xuño. A pretensión do escrito era facer valer diante da Audiencia Nacional dous…
A APDR resposta ás declaracións de ENCE sobre o uso de aceites
empresa ENCE vén de dar resposta á nosa denuncia pública na que -con datos facilitados por fontes de absoluta fiabilidade na man- afirmamos con rotundidade que desde hai cando menos 5 anos a fábrica de Pontevedra está a queimar aceites usados “pretratados”. Sostén ENCE na súa nota de prensa que cumpre “escrupulosamente toda a regulación…
ENCE: Tocado “Destroyer”
Cando nos tempos mozos xogabamos aos “barcos”, tocar a un “destroyer” era antesala do seu mais que seguro afundimento; e esa foi a sensación que tiven hoxe cando vin que -máis unha vez- tiñamos “tocado ao destrutor” da Ría na súa liña de flotación. O barco de ENCE, a pesar dos seus apoios políticos na…
Todo pola pasta! Carta aberta á Núñez Feijóo e Rueda Crespo.
Vaia por diante que aínda que a personalizo en Vdes. dous, esta carta pódese facer extensiva á inmensa maior parte das persoas que dirixen o partido que Vdes. representan. Se o fago así, e tan só porque ambos os dous teñen protagonizado nestas datas últimas declaracións ou actuacións que perseguen, coma único fin, a defensa…
Colectivos ciclistas e ecoloxistas promoven campaña para fomentar a bicicleta nos desprazamentos ás praias de Vigo
VIGO CICLABEL, conformado polas asociacións A Golpe de Pedal, ConBici, Verdegaia, ADEGA, Greenpeace Ecoloxistas en Acción, Vigo Histórico, Mulleres Bicivisibeis e Fridays for Future lanzamos a campaña “Á praia en bici” co fin de potenciar durante este verán o uso da bicicleta como medio de transporte nos desprazamentos ás praias de Vigo. A campaña consiste…
A Xunta usa os seus letrados para defender funcionarios e cargos imputados por mentir en relación ás minas de San Finx
Verdegaia ven de coñecer que será o Letrado da Xunta de Galicia quen exerza a defensa dos funcionarios e cargos públicos imputados en relación coa súa actuación na explotación de estaño e volframio de San Finx, en Lousame. Logo de coñecer un auto do Xulgado de Noia, que investiga presuntos delitos de falsedade en documento…
CERNA-Barómetro 2019: o pulso da información ambiental na prensa
CERNA-Barómetro é unha iniciativa do Proxecto CERNA de ADEGA que pretende avaliar a comunicación dos temas ambientais nos medios durante un ano natural. Trátase de analisar, tanto cuantitativa como cualitativamente, o tratamento de determinados tópicos relacionados co medio ambiente nos medios de comunicación con presenza en Galiza. Deste xeito tentamos radiografar que temas ambientais son…