De novo herbicidas nas vías férreas

Nos últimos anos vimos observando un preocupante aumento do uso de herbicidas por parte das administracións polas beiras das estradas. Esta triste moda de pasar da eliminación mecánica (roza) á química, tamén se estendeu polas vías férreas, onde a entidade  responsable (ADIF), fumiga alomenos 2 veces ao ano.

Por este motivo acabamos de enviar escrito a ADIF preguntando por que contradí a súa propia política medioambiental, na que se compromete, entre outras cousas, a:

  1. Lograr la integración ambiental del ferrocarril manteniendo el máximo respeto hacia los espacios naturales y el patrimonio arqueológico, preservando todos sus valores y recuperando aquellos entornos que se hayan podido ver afectados.
  2. Requerir de las empresas filiales, contratistas y proveedores idéntico compromiso ambiental, mediante la suscripción de los documentos contractuales correspondientes.
  3. Definir procedimientos internos que garanticen la protección del medio ambiente y la prevención de la contaminación durante todas las fases del ciclo de vida, con atribución precisa de las responsabilidades, así como de las herramientas internas para su control y seguimiento.
  1. Promover el compromiso con el medio ambiente desde la Alta Dirección. Proveer los recursos humanos, económicos y materiales necesarios para garantizar el cumplimiento de estos compromisos y comunicar pública y periódicamente los resultados de su aplicación en aras de la transparencia.

Pese aos compromisos adquiridos por ADIF para a protección do Medio Ambiente, observamos como continúan realizando fumigacións con herbicidas (o glifosato está considerado como canceríxeno pola OMS). As fotos que amosamos corresponden a un tramo no que o último tren herbicida circulou polo Concello de Vilagarcía de Arousa a finais de maio. Dito tren ía a bastante velocidade (máis de 30km/h), e o vento que soplaba ese día aumentaba a dispersión. Puidemos observar como o producto herbicida non caía cara abaixo, cara as vías, senon que voaba axudado polo vento real e o producido pola propia marcha do tren. Neste lugar concreto, como en moitos outros polos que pasa o tren, hai vivendas habitadas, un paso a nivel, e cultivos de frutais e horta, ademáis de plantas e árbores silvestres autóctonas, como carballos, salgueiros e loureiros, ademáis da fauna que habita nelas. Todos estes elementos do medio ambiente veñen sendo afectados nos últimos anos, tanto polos efectos directos da aplicación do herbicida, como pola constatada acumulación deste tipo de produtos na auga, solo e seres vivos. Así mesmo, tamén temos observado como nas zonas afectadas polo uso do herbicida, nacen plantas alóctonas, moi resistentes e con capacidade invasora.

Por todo isto solicitamos a ADIF que nos informe sobre os seguintes apectos:

-O tipo de herbicida empregado, a súa disolución e o protocolo para a súa aplicación, tanto nas vías férreas como en terreos propiedade e/ou xestionados por ADIF, sobre todo en relación ás zonas sensibles (zonas habitadas, cultivadas, de cría de animais, zonas de río e/ou beiras do mar, espazos protexidos, etc).

-Se ADIF fixo un estudo de seguimento ou análise dos efectos ambientais e/ou sanitarios polo uso continuado dos herbicidas na súa rede  ferroviaria, no que se analicen as afeccións ao medio (contaminación de solos e agua, estudios de persistencia, introdución de flora alóctona…) e á saúde dos habitantes das casas colindantes coa vía.

Por último, solicitamos que apliquen o principio de cautela, para evitar a contaminación de augas e terra, en aras dunha maior protección tanto da saúde humana, como da fauna e flora silvestre e doméstica, aplicando un sistema de erradicación das herbas de forma mecánica, ou cualquera otro sistema que non resulte contaminante nin perigoso, atendendo ademáis así ao compromiso de ADIF co medio ambiente, e á súa propia política ambiental.

Ademáis, nunha reunión informal mantida por dúas persoas socias do noso colectivo co concelleiro de medio ambiente de Vilagarcía, animamos a dito concello a que se declare libre de herbicidas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s