O CES denuncia que o acceso a Areoso debe respectar a época de cría de aves

O Colectivo Ecoloxista do Salnés (CES) tamén quixo aportar por escrito propostas de mellora  aos  responsables da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ante a aprobación da regulación do uso público de Rúa e Os Guidoiros. No noso escrito fixemos fincapé nos seguintes aspectos: Neste senso cabe destacar a presenza de  fondos de Maërl…

O CES detecta numerosas eivas na Avaliación Ambiental e incompatibilidades co P.O.L e Lei de Costas no Hotel-Talaso de San Vicente

O CES presentou en setembro observacións a este proxecto. O DAE (Documento Ambiental Estratéxico) estivo a exposición pública para poder pasar o trámite da avaliación ambiental simplificada. Trátase dun proxecto de hotel de 82 prazas. Cunha ocupación total entre persoas aloxadas, usuarios dos servizo do talaso e traballadores de 527 persoas, e 72 prazas de…

Resumo da limpeza en Montalvo do 16 de Outubro

Só puidemos recoller durante unha hora pois tivemos que retirarnos antes do esperado debido á choiva. Polo tanto só percorremos unha cuarta parte da lonxitude da mesma, pola súa parte leste. O volume recollido non foi moito, sen embargo é preocupante a cantidade de anacos pequenos de plástico atopados (entre 10 e 0,5 cm). Este…

O CES alega contra o Parque Eólico de Castrove

O Colectivo Ecoloxista do Salnés considera ao documento de inicio ambiental do Parque eólico de Castrove pouco rigoroso e que non cumpre cos preceptos que indica a lexislación de avaliación de impacto ambiental. O CES presentou esta semana ante a Consellería de Medio Ambiente un documento coas súas consideracións ante o documento de inicio que…

O CES lembra que os bosques dos ríos non son xardíns

Os nosos ríos danos de beber, regan o albariño e as hortas, límpannos, son espazos de lecer e abastecen de auga á industria. Ríos e regatos que aportan frescura e beleza á nosa paisaxe, e son un refuxio de vida natural. Son os ríos dos salgueiros e ameneiros, das londras, libélulas, troitas, martiños peixeiros, garzas…