O CES solicita a reutilización das estacas anti-covid de Silgar para protexer a duna de Baltar

Segundo informacións aparecidas na prensa, as estacas retiradas da parcelación anti Covid de Silgar, van ser reutilizadas polos responsables do Concello de Sanxenxo con fins medioambientais e de protección dunar. Por iso dende o CES acabamos de solicitar ao Concello que reutilice parte de ditas estacas para delimitar unha zona no ecosistema dunar de Baltar (Portonovo), lindante á estrada e a unha plantación de piñeiros mansos.

A pesar da existencia de carteis e pasarelas, imaxes como esta, de xente transitando ou ocupando esta zona con especies dunares, se repiten cada vez con máis frecuencia, de aí a necesidade do valado.

A pesar dos carteis do Concello instando a respectar a vexetación dunar, as rozas abusivas feitas por esta administración causan confusión entre os viandantes, que dificilmente van entender que non se poida pisar por unha zona onde pasan tractores e cortan a vexetación como se dun campo de fútbol se tratase. Por iso instamos de novo ao Concello, a que se realmente quere protexer a vexetación dunar, a súa biodiversidade, os seus hábitats e a súa fauna, deixe de cortar a vexetación indiscriminadamente, e o faga só de forma puntual onde proceda.

Neste caso, a colocación das estacas non tería custe algún para o Concello, polo que non habería escusas económicas . Se deciden valar esta zona estarán amosando que a súa intención é realmente a protección da biodiversidade local e non a súa destrución para transformala nun parque urbano. Existen moitos outros lugares onde se poden facer parques e zonas verdes, sen ter que destruír a única illa de biodiversidade silvestre que nos queda en Portonovo.

Recordemos que en Baltar existen decenas de especies vexetais exclusivas de ecosistemas dunares e tamén hábitats protexidos pola Unión Europea, que este espazo está protexido pola Lei de Costas, o Plan de Ordenación do Litoral e o Plan de Conservación dunha ave en perigo de extinción: píllara das dunas. A obriga dun Concello e dunha Concellería de Medio Ambiente é protexer e dar a coñecer esa biodiversidade local, non usar a escusa de que está degradada nalgunhas zonas, para deixala esmorecer e destruíla aínda máis.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s