Só puidemos recoller durante unha hora pois tivemos que retirarnos antes do esperado debido á choiva. Polo tanto só percorremos unha cuarta parte da lonxitude da mesma, pola súa parte leste.
O volume recollido non foi moito, sen embargo é preocupante a cantidade de anacos pequenos de plástico atopados (entre 10 e 0,5 cm). Este foi con diferenza o tipo de lixo máis atopado, cuns 400 anacos. (Nas fotos adxuntas amósase nunha man o recollido en 2 minutos nalgunhas zonas onde a densidade destes anacos era maior).
Estes anacos acabarán convertíndose en microplásticos, que son inxeridos por peixes e outros organismos, capaces de penetrar nas células e pasar a través das cadeas tróficas ata o ser humano. Os efectos na saúde de ecosistemas e persoas aínda se están estudando, pero xa se relacionan con toxicidades e inducción de enfermedades por bioacumulación.
A continuación detallamos o resto de tipos de lixo máis abundantes atopados:
-Cabichas (colillas): 219.
-Bastonciños dos oídos: 51
-Tapóns: 35
-Anacos de porexpán: 24
-Paus de chupa chups: 17
-Palliñas: 8
-Embalaxes e envases de comida: 7
-Toalliñas: 6
-Botellas de plástico: 4
-Latas: 3
-Bolsas de plástico: 2
-Vasos de plástico: 1
Con respecto aos obxectos de pesca, os máis abundantes foron tarugos de bateas (22), seguidos de 20 anacos de cordas e 4 anacos de redes e 1 nasa rota.
Outros obxectos atopados foron 3 chisqueiros, goma do pelo, peine, envoltorio de compresa, luvas, caixa de tabaco (1 de cada) e 2 restos de xoguetes.

Ademáis da multitude de pequenos anacos dispersos pola area, tamén observamos que nas zonas de rochas, moitos anacos de plástico e porexpán quedan atrapados, (ver fotos); sendo moi difícil a súa retirada, pero sendo sen embargo unha fonte de pequenos anacos a medida que se van desfacendo, principalmente de porexpán.
Como conclusión podemos decir que aínda nos queda moito plástico por reducir nas nosas vidas, e que medidas como a regulación das bolsas, ou a prohibición de palliñas, cubertos e vasos e platos de usar e tirar, parecen estar tendo efecto, posto que se atopan en menor proporción que en anteriores limpezas.
Tamén temos que recordar que existen alternativas aos bastonciños dos oídos de plástico, como os de cartón, e que nin estes nin as toalliñas se deben tirar xamais polo retrete. Con respecto ás bolsas de plástico, é moito máis importante a redución mediante o uso de bolsas de tea reutilizables, que o uso de bolsas compostables, xa que estas tamén acaban no mar. De feito, o 50% das bolsas atopadas hoxe na praia, eran compostables. De maneira que se non se botan no colector axeitado (composteiro), van acabar no mar, onde poden asfixiar animais igual que as outras, ou ben acabarán no colector xenérico e de aí a incinerar en Sogama.
Por último, temos que insistir na necesidade da limpeza manual e non con tractores e cribadoras, posto que estas non son eficaces na recollida dos pequenos anacos, e ademáis retiran algas, (que non son lixo, e son necesarias para o ecosistema). Especialmente importante é non empregar estas máquinas en praias con sistemas dunares, (e así llo fixemos saber aos responsables do concello) como actualmente se fai en praias como Baltar, Areas, Canelas ou Major, posto que rompen o perfil da duna embrionaria, alterando o equilibrio dunar e retirando unha fonte de nutrientes (as algas), importante para as especies que alí viven. E se se trata de praias como Montalvo, onde aniña a especie protexida Píllara das dunas, a limpeza con tractor debería ser eliminada xa definitivamente. Ademáis das ventaxas anteriores, a limpeza manual ten outra adicional, e é que crearía máis postos de traballo que o uso dun tractor.