Plogging no Monte da Fraga

O vindeiro sábado, 23 de outubro do 2021, celebrarase o primeiro Plogging no Monte da Fraga (contorna da Facultade de Ciencias, Campus da Zapateira), organizada pola Oficina de Medio Ambiente (OMA) da Universidade da Coruña, en colaboración co G.N.Hábitat, para dar visibilidade do problema dos residuos no medio natural.

Recorreremos o espazo retirando os residuos que nos atopemos, tomando conciencia de como chegaron ata alí e como podemos evitar que o final o seu camiño sexa no medio natural.

A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar de 11 a 13h. Así e todo, para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa), preferentemente en grupo, a través do formulario habilitado:

Formulario de inscrición

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat, a través do correo electrónico achegado na inscrición.

A xornada establece un recoñecemento de créditos para estudantes de grao da UDC: 2h (1c por cada 10h de participación en actividades da OMA).

Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán vía email a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Dúbidas e comentarios: inscricion@gnhabitat.org981 135 014

Anímate e ven connosco!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s