A FEG solicita ser parte no procedemento aberto da mina de Touro

O expediente da Mina de Touro volve estar aberto, desde que Cobre San Rafael SL presentou recurso de alzada contra a resolución negativa da Xunta para o proxecto mineiro. A FEG ven de solicitar personarse como parte interesada no expediente, co obxecto de alertar do perigo que representaría a reactivación da explotación.

A Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, nunha resolución de febreiro deste ano, denegou o Proxecto de Explotación e o Plan de Restauración da concesión de explotación da mina San Rafael, en Touro. Na actualidade, estase a tramitar un Recurso de Alzada que a empresa Cobre San Rafael SL presentou en marzo deste ano. Diante desta situación e tendo en conta o perigo que suporía para a poboación e o medio ambiente da zona o desenvolvemento deste proxecto, ao amparo da lexislación vixente, a Federación Ecoloxista Galega ven de solicitar ser parte na tramitación do recurso presentado pola empresa promotora.

A mina de Touro estivo activa durante anos para a extracción de cobre, concretamente entre 1973 e 1988, pechándose logo sen ningún tipo de restauración nin descontaminación e quedando as escombreiras expostas ao lavado polas augas da escorrenta que arrastraron metais como ferro, cromo, níquel, chumbo ou zinc aparte do cobre, metais que constitúen un perigo para a saúde e que unha vez solubilizados son incorporados en diversas formas ás augas e aos solos, contaminando regatos e ao Río Ulla, chegando ata a Ría de Arousa. Máis aínda, en anos posteriores ao seu peche, acolleuse o depósito residuos industriais dos que non se realizou un control rigoroso, como o caso de materiais procedentes das instalacións de ENCE, en Pontevedra, mal caracterizados e algúns deles contaminados por mercurio. A grande extensión da explotación, de máis de 600 hectáreas, permite facerse unha idea da magnitude do dano ambiental provocado.

Hoxe en día, tras máis de 30 anos de irregularidades, a empresa responsable, Explotaciones Gallegas S.L., segue sen executar as tarefas de depuración e restauración e sen suprimir as verteduras.

O proxecto de Explotación e suposta Restauración, que implica a reactivación da actividade mineira, supón unha nova e seria ameaza para os sistemas de circulación de augas, tanto superficiais como subterráneos xa moi degradados, e para os solos, que tamén acumulan unha importante carga contaminante. Ante tal ameaza, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático emitiu una Declaración de Impacto Ambiental negativa, levando á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais a denegar a autorización para o proxecto.

Pero agora a empresa ten presentado un recurso de alzada contra a decisión da DX para intentar levar adiante o seu proxecto mineiro. E diante da ameaza que suporía a súa execución, a Federación Ecoloxista Galega solicita personarse no expediente para facer ver o perigo que representaría a reactivación da explotación. A FEG defenderá a cancelación definitiva do proxecto e a elaboración dun verdadeiro plan de restauración e descontaminación da zona por parte dos responsables de moitos anos de irregularidades e grave dano ambiental.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: