O 2019 foi un ano da conclusión exitosa dalgunhas das accións iniciadas por ADEGA, en solitario ou en colectivo, no ámbito xudicial e administrativo, como a declaración de Cova Eirós como BIC. Pero tamén destaca a paralización das obras do Parque Eólico Serra do Iribio, no espazo natural protexido como Rede Natura Ancares-Courel, a súa…
Categoría: Xeral
“29-D: Roga “San Silvestre” en Froxán. Eliminamos especies exóticas invasoras na última do ano
As Brigadas deseucaliptizadoras queren acabar este ano deseucaliptizador cunha última xornada de eliminación de especies exóticas invasoras que levaremos a cabo o domingo 29 de decembro na Área Conservada pola Comunidade Local de Froxán, en Lousame, recoñecida como ICCA (Indigenous and Community Conserved Areas) polo programa das Nacións Unidas para o Ambiente. Na roga utilizaremos machadas, motoserras e desbrozadoras para…
Carta aberta a Agustín Nogueira
Sr. Nogueira, veño de ler o seu escrito “ENCE… y sr Masa” publicado o pasado día 15 nalgún medio de comunicación e debo recoñecer que -deixando de lado o seu dubidoso estilo e calidade literaria- tenme sorprendido; sorpréndeme a profundidade e sutileza do título, pero sorpréndenme máis algunha das afirmacións que verte no seu texto.Sorpréndeme,…
Caso Pescanova: xuízo a un modelo corrupto e depredador
Na Audiencia Nacional española estase vendo o xuízo contra a cúpula da antiga Pescanova. Os dirixentes imputados non son os unicos responsábeis do buraco milmillonario, a corrupción e o branqueo. Á marxe dos espúreos manexos empresariais polos que está procesado o ex-presidente da antiga Pescanova Manuel Fernández de Sousa, (falseamento de contas, de información económica…
ADENCO festexa 30 anos de actividades micolóxicas coa presentación dunha revista conmemorativa
O Grupo Ecoloxista ADENCO festexou este sábado, no Salón de Plenos do Concello de Ponteareas, coa presenza de numeroso público e representantes políticos da Comarca, 30 anos de actividades micolóxicas continuadas. O acto foi conducido por Alejandro Mínguez, periodista e divulgador micolóxico de Celanova, membro dunha familia de afeccionados á micoloxía moi coñecidos en Ourense,…
A COP25, un novo fracaso na loita contra o Cambio Climático
O pasado venres 13 de decembro finalizou a vixésimoquinta Conferencia das Partes (COP, das súas siglas en inglés), o órgano supremo de toma de decisións en materia de mitigación e de redución dos efectos do cambio climático da Convención Marco das Nacións Unidas sobre Cambio Climático (CMNUCC) que se reúne cada ano desde hai 25…
Para autorizar unha mina a Xunta ignora os seus propios informes e confía na palabra da empresa
En xuño pasado a Xunta emitíu DIA favorábel para a mina de ERIMSA en Mesía. Fíxoo apesar dun informe de Medio Rural que “rexeitaba o proxecto con rotundidade”. Agora soubemos que MR emitíu un segundo informe favorábel no que fía todo á palabra da empresa… Medio Rural vén de respostar a unha solicitude de ADEGA…
ADEGA manifesta o seu apoio ao Cumio Social polo Clima
Do 7 ao 13 de decembro terá lugar en Madrid o Cumio Social polo Clima, un espazo de encontro que se vai a desenvolver en paralelo á Conferencia das Nacións Unidas contra o Cambio Climático, a COP25. A súa vez nestas mesmas datas realizaranse en Chile o Cumio dos Pobos e o Cumio Social pola…
Depuradora de mexillón en castiñeiras; un cúmulo de irregularidades
Despois de varios meses de reiterar unha e outra vez a nosa solicitude de información en relación á instalación dunha depuradora de mexillón no porto de Castiñeiras (Ribeira), por fin conseguimos que Portos de Galicia nos enviase a documentación do expediente dese proxecto. Non así o Concello de Ribeira, de quen seguimos agardando a chamada…
A Xunta propón nova reserva da Biosfera ao tempo que autoriza proxectos agresivos nese mesmo territorio
ADEGA e a Plataforma Salvemos o Iribio (integrada por máis de 20 organizacións) vimos de presentar alegacións ao proxecto da Xunta para a criazón da Reserva da Biosfera Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel. Dende as nosas organizacións apoiamos a proposta de declaración da Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel como…
Froitas e verduras de As naves, marca revitalizada
ADEGA comezou o pasado 15 de outubro coa súa colaboración na implantación do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra no Concello de As Neves. A equipa técnica de ADEGA realizou dende o pasado 15 de outubro unha vintena de charlas informativas sobre o proceso da compostaxe individual nas 13 parroquias do Concello de As Neves…
A APDR vén de presentar Recurso de alzada contra a Subdirección de Avaliación Ambiental por non informar sobre os vertidos de ENCE
Desde a APDR, que veu recibindo a información solicitada á SXAA ata o ano 2015, e que seguindo indicacións da propia SXAA solicitou en xuño dese ano que se facilitará esa información de forma periódica cada 6 meses, unha situación que -a pesar das constantes promesas por parte da Administración- non se chegou a dar…