Recheos en Barrañán: xestionar a Rede Natura a golpe de bulldózer

ADEGA presentou denuncias no Seprona e en Patrimonio Natural polo uso de maquinaria pesada na praia de Barrañán -supostamente para recuperala- con afección a hábitats prioritarios e especies ameazadas. O que vén sendo matar moscas con canóns… Ao parecer as actuacións promovidas pola Autoridade Portuaria da Coruña co visto bó da Demarcción de Costas, respostan…

ContraMinación reclama que se deixe traballar á xustiza e que se condene a tódalas persoas responsables

Onte a mediodía os medios de comunicación destacaban unha nova: o Director xeral de Minas deberá declarar como investigado por presunta prevaricación ambiental no contexto das investigacións da Fiscalía iniciadas en 2017 a raíz dunha denuncia presentada pola Asociación Ecoloxista Verdegaia e hoxe seguidas polo Xulgado Penal de Noia. Contraminacción quere mostrar a súa preocupación…

ENCE, Fronte á chantaxe, responsabilidade!

Tal como recollen os medios de comunicación, o Sr. Colmenares, “Consejero delegado de ENCE”, á saída da Junta de accionistas, explicou cal vai ser o futuro da fábrica que ENCE ten en Lourizán. E nun discurso absolutamente cargado de mensaxes cos que pretende chantaxear á cidadanía da comarca e aos partidos políticos, afirmou que ou…

Sermos-ADEGA 20: Eco-feminismo no Século XXI

Nesta nova edición do Sermos-ADEGA atoparás unha entrevista e artigo de Adela Figueroa Panisse, presidenta da Fundación Eira, fundarora e ex-presidenta de ADEGA, sobre Eco-feminismo no século XXI. “Muitas mulheres são hoje as protagonistas das lutas ambientais em todo o mundo. Além disso, os fundamentos teóricos do ambientalismo e a análise científica de problemas e…

Festa universitaria?

Estas imaxes son do Parque Forestal de Beade (Vigo), despois de que onte se celebrase unha festa universitaria. A autoridade universitaria non permitiu que a festa se celebrara nas instalación do CUVI, polo que as persoas organizadoras optaron por desprazar o evento ao veciño parque forestal de Beade. Entre todos os pensamentos que nos rulan…

O Ecofeminismo, un artigo de Adela Figueroa

Adela Figueroa, presidenta da Fundación Eira e ex-presidenta de ADEGA Segundo Mary Mellor o eco-feminismo é um movimento que visa uma conexão entre a exploração e degradação do mundo natural e a subordinação e opressão das mulheres. (Mary Mellor: Ecologia e feminismo). As reportações do pensamento crítico feminino e o pensamento ecológico oferece-nos a oportunidade…

17 de febreiro: Roteiro pola Lagoa e areal da Frouxeira (Valdoviño)

O vindeiro domingo, 17 de febreiro, temos unha nova cita co programa de roteiros de ADEGA-Lugo, “Fauna d’aquí”. Desta volta, achegarémonos ata a Costa Ártabra para coñecer de preto os valores ambientais, arqueolóxicos, históricos e paisaxísticos da lagoa e areal de Valdoviño. Unha das xoias naturais da contorna é a lagoa da Frouxeira, un dos humidais máis raros…

A sentenza de Barreiros abre a porta á impunidade na política urbanística municipal

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), que actuou como acusación particular no procedemento penal contra o Alcalde, arquitecta e os concelleiros do goberno municipal de Barreiros de 2006 por presunta prevaricación urbanística, presentará recurso diante a Audiencia Provincial contra a sentenza absolutoria ditada polo Xulgado do Penal  nº 2 de Lugo. O…

O Concello de Ponteareas perde poboación por oitavo ano consecutivo e as previsións do PXOM están, unha vez máis, en dúbida

Segundo os últimos datos publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE) o Concello de Ponteareas volveu perder poboación no pasado ano, concretamente 39 persoas menos no ano 2018 (no 2017 foron 70), o que supón o oitavo ano consecutivo de pérdida de poboación. Esta circunstancia xa fora denunciada no seu momento polo Grupo Ecoloxista ADENCO…

A “APDR” propón para os “Cidade de Pontevedra”, ás mariscadoras de Lourizán que hai 60 anos opuxéronse á chegada de ENCE á ría

De forma excepcional por se tratar do 60 aniversario dunha loita que ao seu entender é merecente do recoñecemento do Concello de Pontevedra e do conxunto da cidadanía da comarca, a APDR vén de propoñer para os Premios “CIDADE DE PONTEVEDRA-2018”, a candidatura das mariscadoras de Lourizán que loitaron de forma continuada -e por todas…