A APDR presenta recurso de alzada contra a revisión da AAI de ENCE

A  “Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra” (APDR), vén de presentar Recurso de alzada contra a resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Xunta de Galicia pola que se revisa a Autorización Ambiental Integrada da fábrica de ENCE, unha revisión que admite varias das alegacións da Asociación pero que, basicamente,…

“Paraíso roubado”, o documental da “APDR”, cruza o charco

O documental “PARAÍSO ROUBADO”, producido no ano 2017 pola APDR e dirixido por Lukas Santiago, consegue o respaldo internacional ao seren seleccionado para a súa exhibición en dous festivais ao outro lado do charco. Tralo seu debut internacional en Colombia, na sección oficial do “Festival Internacional de Cine Calibélula”, participará na sección oficial “Paraná Internacional…

Enxurradas polas obras da A-57

Vaipolorío puxo en coñecemento do 112 as enxurradas que se están a producir nos ríos (río Pintos, río do Barco, río de Bois, etc.) que alimentan pola marxe esqueda o río Tomeza (Gafos) provintes das obras da NAVALLADA DA AUTOVIA CHAMADA A-57 NO MONTE DA FRACHA.

Ao Comité de Empresa de ENCE

De acordo co recollido nos medios de comunicación, os Comités de ENCE, regresaron de Madrid despois de entregar un “dossier” onde explicaban a repercusión económica da empresa na nosa comarca e a imposibilidade do seu traslado. Deixando de lado que falan de 409 postos de traballo directo na fábrica, cando a propia ENCE na “declaración…

Sermos ADEGA nº 17: As limpezas simultáneas dos ríos galegos

Este xoves 11 de outubro saíu á rúa o suplemento Sermos ADEGA, pulicado no semanario SERMOS GALIZA. Son oito páxinas que nesta ocasión se dedican a analizar a evolución das Limpezas simultáneas de ríos ao longo de 11 anos continuados, coordinadas por ADEGA.  En total, neste tempo participaron 5.946 persoas e retiráronse máis de 106 toneladas de lixo…

A ILP do bosque e a mina de Touro, en CERNA 79!

Nun momento no que se está a debater sobre o futuro modelo forestal de Galiza e dos seus montes, a través da primeira revisión do Plan Forestal Galego, Cerna 79 recolle a valoración que fan da campaña da ILP na defensa do bosque autóctono as entidades promotoras desta iniciativa lexislativa, que promove o deseño dunha…

29 de xullo: o principio do fín do complexo ence-elnosa

Sen deixar de manter a necesaria cautela, e agardando que a Dirección Xeral de Costas decrete a caducidade da concesión de ELNOSA o próximo 29 de xullo, a Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) felicítase pola noticia de que ELNOSA pechará a súa actividade en Lourizán nesa data, dando por feito que non conseguirá prorrogar…

Danada unha mámoa de Pena Grande por unha plantación de eucaliptos

ADEGA e Mariña Patrimonio veñen de presentar perante o Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) unha denuncia por posibles danos ocasionados na Mámoa 9 de Pena Grande en Vilalba (Lugo), por mor dunha plantación ilegal de eucaliptos. Este ben patrimonial foi danado como consecuencia dos profundos sucos realizados sobre a masa tumular no transcurso dos…

O Instituto Xeolóxico e Mineiro (IGME) sementa dúbidas sobre a viabilidade do proxecto mineiro de Touro

Entre os informes sectoriais que figuran no expediente do proxecto mineiro de Touro, está o remitido polo IGME (Instituto Geológico y Minero de España). O ente estatal avaliou tanto a memoria do proxecto como o plano de restauración e o estudo de impacto ambiental. Aliás das consideracións xeolóxico-técnicas sobre o xacemento (características xeolóxicas, hidroloxía, recursos…

A Asociación Fontaíña, o Colectivo Matogueira e Verdegaia convocan unha concentración contra a declaración das praias da Calzoa e da Foz como praias caninas polos seus valores naturais

A Asociación Fontaíña, o Colectivo Matogueira e Verdegaia convocan unha concentración contra a declaración das praias da Foz e da Calzoa como praias caninas, o vindeiro domingo 17 de xuño ás 12 h. no aparcadoiro da praia da Calzoa, baixo os lemas “Canina si mais non aquí” e “As aves da Calzoa tamén teñen dereitos”….