“Paraíso roubado”, o documental da “APDR”, cruza o charco

O documental PARAÍSO ROUBADO”, producido no ano 2017 pola APDR e dirixido por Lukas Santiago, consegue o respaldo internacional ao seren seleccionado para a súa exhibición en dous festivais ao outro lado do charco.

Tralo seu debut internacional en Colombia, na sección oficial do “Festival Internacional de Cine Calibélula”, participará na sección oficial “Paraná Internacional Films Festival”, na República Arxentina, que terá lugar entre os días 5 e 12 de próximo mes de decembro.

Así mesmo, e xa dentro do panorama español, vén de seren seleccionado para a sección oficial do “Festival de Cine de Derechos Humanos” de Madrid, que tendrá lugar entre o 3 e o 10 de decembro.

Convén recordar que o audiovisual trata sobre a historia da parroquia de Lourizán entre finais do século XIX, cando Montero Ríos establece a súa residencia galega no que daquela era un auténtico paraíso, e a chegada da Celulosa nos anos 60 do século XX, que supuxo a destrución da súa riqueza natural, paisaxística e económica. Pero tamén, que é un exercicio de memoria histórica, un recoñecemento á loita das mariscadoras que nos anos sesenta enfrontáronse á represión militar franquista na defensa do banco marisqueiro e o pan dos seus fillos, unha loita que non podemos deixar caer no esquecemento.

Desde a APDR queremos recoñecer máis unha vez o traballo de Lukas Santiago, autor doutros documentais de recoñecido éxito como o chamado “Outeiro da Chan da Isca: un novo petróglifo para Campo Lameiro”, centrado no descubrimento de novos petróglifos na contorna do parque arqueolóxico, que ten participado na sección oficial de “The Archaeology Channel International Film Festival”, nos Estados Unidos de América, e que está a emitirse nunha televisión por cable nese país.

Se queres adquirir o DVD do documentario: ponte en contacto connosco ! apdr@apdr.info

Ver tamén: http://www.apdr.info/wp/2017/04/26/estreamos-o-documentario-paraiso-roubado/

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s