España poñerá as abellas en perigo se non apoia a guía europea para protexelas dos pesticidas

● Máis de 100 entidades envían unha carta ao ministro de Agricultura solicitándolle que adopte o documento de orientación da Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA) sobre a avaliación do risco de pesticidas para abellas e outros polinizadores.

● Na primeira consulta realizada pola Comisión Europea, España opúxose á adopción inmediata deste documento.

● O documento podería ser aprobado na próxima reunión do Comité Permanente de Plantas, Animais, Alimentación e Pensos da UE os días 12 e 13 de decembro en Bruxelas.

Máis de 100 entidades enviaron hoxe unha carta ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas Puchades, na que solicitan o apoio de España á proposta da Comisión Europea para a adopción do Documento de Guía da Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA, polas súas siglas en inglés) sobre a avaliación dos riscos de pesticidas para as abellas. Esta guía podería ser adoptada pola Unión Europea na próxima reunión do Comité Permanente de Plantas, Animais, Alimentación e Pensos que terá lugar os días 12 e 13 de decembro en Bruxelas.

O documento, presentado pola EFSA en xullo de 2013, foi a base da avaliación do risco dos tres insecticidas neonicotinóides (clotianidina, imidacloprid e tiametoxam) cuxos usos ao aire libre foron totalmente prohibidos na UE na última primavera por mor do perigo demostrado para as abellas e outros polinizadores. Esta prohibición tivo o voto favorábel de España. Con todo, este documento de orientación aínda non foi aprobado polos membros e na última reunión do Comité, en outubro, a maioría dos países (18), incluíndo a España, foron contra a adopción inmediata e completa deste documento.

Desafortunadamente, a prohibición de neonicotinóides faría pouco para protexer as abellas e outros polinizadores sen a adopción deste documento de orientación e se esixe que todos os pesticidas actualmente no mercado e as futuras solicitudes de autorización, pasen o mesmo rigoroso proceso de avaliación de riscos que pasaron os tres neonicotinóides. Isto é aínda máis importante cando moitos dos usos dos tres insecticidas están sendo substituídos por outros igualmente perigosos para as abellas e outros polinizadores.

Se o compromiso de España para protexer os polinizadores é real, como parece demostrar o seu apoio á prohibición dos neonicotinoides, a súa incorporación á Coalición para a Conservación de Polinizadores e a posta en marcha da elaboración do Plano de Acción Estatal para a Conservación dos polinizadores, o seu apoio ao documento de orientación da EFSA non debe ser cuestionado en ningún momento e é máis que necesario. Sen unha avaliación rigorosa dos riscos de todos os pesticidas para as abejas e outros polinizadores, a súa conservación e todos os plans que se fixeron e farán serán só unha utopía e palabras fermosas.

Entidades que apoian a carta

ACAF – Associació Catalana d’Afectades i Afectats de Fibromiàlgia i d’altres Síndromes de Sensibilització Central; ADEGA – ASOCIACIÓN PARA A DEFENSA ECOLÓXICA DE GALIZA; ADENEX; ADSG APICOLA DE CANTABRIA; AMAL; Amigos de la Tierra España; APAVAL; APIADS; APICAM; APICULTORS ECOLÒGICS ASSOCIATS; Apicultura Ibérica; Asociación  medioambiental JARA; ASOCIACIÓN AFIGRANCA (Asociación de Fibromialgia de Gran Canaria); Asociación Apicultura de Andalucía; Asociación Balear de Entidades de Caza (ABEC); ASOCIACIÓN BEE GARDEN; ASOCIACIÓN BERCIANA DE APICULTORES (ABERAPI); ASOCIACIÓN CANARIA DE ENTIDADES DE CAZA (ACEC); Asociación Cántabra de Apicultores; Asociación de agricultores Biológicos de la Región de Murcia; ASABIM; Asociación de Agricultura Ecológica Tierra Fértil; Asociación de Apicultores de Asturias; Asociación de Apicultores de Gran Canaria; Asociación de Apicultores de la Comunidad de Madrid (APISCAM); Asociación de apicultores de la provincia de Pontevedra; ASOCIACIÓN DE CAZA Y PESCA IPAR OREIN; ASOCIACION DE CAZADORES NAVARROS; ASOCIACION DE NATURALISTAS DEL SURESTE (ANSE); Asociación Ecocolmena España; Asociación educación ambiental de Madrid AEA-Madrid; Asociación en Defensa de las Abejas en el Principado de Asturias (ADAPAS); ASOCIACIÓN ESPAÑOLA DE APICULTORES; Asociación Galega de Apicultura; Asociación Hábitat, Terrazgo y Monte; ASOCIACION PARA EL DESARROLLO DE LA APICULTURA TRADICIONAL Y ECOLÓGICA; ASOCIACION PROFESIONAL DE APICULTORES EXTEMEÑOS (APAEX); ASOCIACIÓN REDMONTAÑAS; Asociación sociocultural La Simiente de Lebrija; ASOCIACION SUSPERGINTZA; Asociación Vida Sana; Asociación Casina de Apicultores; Associacio de Joves Agrorural del Pais Valencia; Associació La Segona Volta; Brinzal; Centre d’Ecologia i projectes Alternatius- Ecologistes de Catalunya; COAG – COMUNIDAD VALENCIANA; Confederación en Defensa de la Abeja en la Cornisa Cantábrica – CODACC; Cotó Roig; ECOLABBEE; ECOLOGISTAS EN ACCIÓN; Ecologistas en Acción Málaga; ENEEK Consejo de Agricultura y Alimentación Ecológica de Euskadi; Erica Mel S.C.G.; FAAC (Federación de Asociaciones de Apicultores de Cantabria); Federació Ecologistes de Catalunya (EdC); FODESAM; FORO AGRARIO DE MUJERES; Foro Asturias Sostenible para el conocimiento y desarrollo del medio rural (FAS); Fundación Amigos de las Abejas; Fundación Ecoagroturismo-ECOTUR; Fundación Entretantos; Fundación Pa’l Monte; Fundación Savia por el Compromiso y los Valores; Fundación Vivo Sano; Gaden: Grupo Alavés de Defensa y Estudio de la Naturaleza; GEOCLIMA (Grupo de Investigación del Clima). Universidad Autónoma de Madrid; GEPEC-Ecologistes de Catalunya; GIPUZKOAKO ERLEZAIN ELKARTEA; Greenpeace; GREFA; Grupo de anillamiento Aegithalos; Hogar sin Tóxicos – Fundación Vivo Sano; IDEAA Sistemas Regenerativos; Izate Asociación Medioambiental Ingurugiroaren Taldea; La Garbancita Ecológica S. Coop. Mad. De Consumo Responsable Agroecológico; La Luna Verde de Moralzarzal; La Vianda (grup de consum conscient i ecològic); Les Colmenes de Tate; Lliga per a la defensa del Patrimoni Natural, DEPANA; Madrid Agroecológico; Marfull Ae Agro; MELAZAHAR COOP. V.; Movemento Ecoloxista da Limia MEL; Observatorio para una Cultura del Territorio; Pacto Mundial Consciente; Plataforma per la Sobirania Alimentària del País Valencià; POLLINIS; PROYECTO GRAN SIMIO (GAP/PGS-España); RED DE AGROECOLOGIA REGION DE MURCIA; Red de huertos urbanos comunitarios de Madrid; Red de Semillas; Riet Vell; S. C. A. La Verde; Salva la Selva; Salvem la Platja Llarga; SEO/BirdLife; SFC-SQM Madrid; Sindicato Labrego Galego; Slow Food Valencia; SOCIEDAD ESPAÑOLA DE AGRICULTURA ECOLÓGICA / AGROECOLOGÍA; SOS Coello de Monte de Galicia; SOS polinizadores; Territorios Vivos; UNIÓ DE LLAURADORS I RAMEDERS DEL PAIS VALENCIÁ; UNIÓN NACIONAL DE ASOCIACIONES DE CAZA (UNAC); UNITEGA; Vera Sostenible; VIDA APICOLA; WWF España; XURESPESCA

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s