A APDR Estuda denunciar á Consellería de Medio Ambiente pola ocultación de información ambiental

A lei 27/2006, de 18 de xullo, regula o dereito de acceso á información, á participación pública e o de acceso á xustiza en materia de medio ambiente, incorporando as Directivas comunitarias 2003/4/CE e 2003/35/CE. Durante anos, dende a concesión da Autorización Ambiental Integrada á empresa ENCE no ano 2008, e ao amparo desta lei, a APDR veu solicitando á Subdirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental,información relativa aos vertidos da empresa á Ría de Pontevedra; e a Administración proporcionou toda a información solicitada e todos os datos dos parámetros analizados, o que permitiu comprobar que a empresa incumpriu de forma continuada os límites establecidos pola lexislación en materia de vertidos de augas residuais urbanas.

Pero, desde o ano 2016, no que -seguindo indicacións da propia Subdirección Xeral- solicitamos formalmente que os envíos se fixeran de forma automática cada 6 meses, sen necesidade de reiterar as solicitudes, deixamos de recibir esta información, que debería incluír os resultados das analíticas realizadas pola empresa á saída do seu sistema de depuración, as realizadas pola administración durante as inspeccións á fábrica, e toda a información que permita coñecer aquelas prácticas que, como a da mestura de augas limpas con augas contaminadas procedentes do sistema de depuración que a empresa asegurou realizar, están prohibidas pola lei. Así mesmo, as medidas adoptadas pola Administración para evitar tales prácticas ilegais.

E durante este tempo, témola solicitado por escrito, de forma presencial na amentada Subdirección Xeral, e telefonicamente, sen conseguir o noso obxectivo. E, como queira que son moitas as ocasións nas que a Xunta de Galicia actúa protexendo os intereses da empresa, esta situación fainos sospeitar que poida que se nos estean ocultando deliberadamente estes datos; non se nos ocorre ningunha outra razón que poida xustificar este obstinado incumprimento da lexislación española e comunitaria.

Diante desta situación, a APDR está a estudar a necesidade de denunciar diante dos tribunais de xustiza a ilegalidade na que, de modo reiterado e continuo no tempo, está a recaer a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, con grave incumprimento da lexislación do estado español e da Unión Europea e que, todo indica, ten por obxectivo evitar a acción civil na defensa do medio ambiente, neste caso contra a contaminación provocada polos vertidos de ENCE.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s