Este xoves 11 de outubro saíu á rúa o suplemento Sermos ADEGA, pulicado no semanario SERMOS GALIZA. Son oito páxinas que nesta ocasión se dedican a analizar a evolución das Limpezas simultáneas de ríos ao longo de 11 anos continuados, coordinadas por ADEGA. En total, neste tempo participaron 5.946 persoas e retiráronse máis de 106 toneladas de lixo dos nosos ríos.
A XI Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos” celebrouse este ano en 53 concellos de toda Galiza, e participarán un total de 70 entidades (asociacións, colectivos ecoloxistas, delegacións de ADEGA, centros de ensino…) e tamén 7 concellos que organizan directamente esta actividade.
Descargas