Risco de contaminación das traídas, dos acuíferos, da atmosfera, de derrubamento… incompatibilidade co aproveitamento gandeiro, forestal… e unha manchea de carencias e inexactitudes, son algunhas das eivas que apontan os departamentos da Xunta nos seus informes sectoriais ao proxecto mineiro de Touro, e que vimos de coñecer. En consecuencia, Industria (o órgano substantivo) debería rexeitar…
Categoría: Xeral
Augas de Galiza confirma a contaminación de todos os ríos arredor da mina de Touro-O Pino
En resposta a unha solicitude de información ambiental cursada por ADEGA o 9 de abril e dirixida a Augas de Galiza, solicitando coñecer as analíticas de augas realizadas nos puntos de control de vertidos, de aforo, de calidade das augas, captacións etc. na contorna da antiga mina de Touro, Augas de Galiza respostou achegando numerosos…
Mesa redonda: A mineria en Galicia e en América Latina
A Coordinadora Galega de ONGD e ContraMINAcción, organizan unha mesa redonda (aberta a todo o público), onde intervirían Gustavo Castro e Isabel Vilaba Seivane. Terá lugar no salón de actos da Facultade de Filosofía da USC en Santiago de Compostela mañá día 3 de maio ás 20:00. Pretendemos visibilizar que as causas, as consecuencias e…
O TSXG ratifica 12 anos despois a ilegalidade dunha urbanización de 69 adosados na Frouxeira
No momento álxido da burbulla inmobiliaria valía todo. Ou case. Daquela, en marzo de 2005, o concello de Valdoviño aprobaba o proxecto de urbanización “Unidade de Actuación nº 2 de A Saiña”. Rapidamente “Construcciones Rías Gallegas SA”, solicitaba licenza para a edificación das primeiras 17 vivendas (de 69), chalés unifamiliares e adosados. O problema era…
O actual sistema eléctrico e as políticas fronte o Cambio Climático centraron o debate das Xornadas de Enerxía e Clima de Lugo
O 91% da enerxía que se consume en Galiza é de orixe fósil A Deputación de Lugo desenvolveu onte, coa colaboración do colectivo ecoloxista ADEGA, unha Xornada sobre Clima e Enerxía, que xuntou varios expertos sobre cambio climático e sobre o sector enerxético galego. A xornada enmarcouse no programa de actos da Deputación sobre a…
A APDR ante as declaracións sobre o dragado do Lérez do Presidente de Portos de Galicia
Cando vai transcorrido máis dun ano desde que rematou o prazo de presentación de alegacións ao proxecto de dragado do río Lérez e Ría de Pontevedra, un procedemento no que a Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) ten participado, o futuro desta actuación segue sendo unha incógnita a pesar das continuas declaracións públicas dos responsábeis…
A XUNTA confirma a presenza de lindano en Ponteareas e require á empresa onde se depositaron as terras a que retire os restos que aínda están no lugar
Despois da denuncia presentada ante a Valedora do Pobo e as solicitudes realizadas en reiteradas ocasións ante o Concello de Ponteareas e a Consellería de Medio Ambiente, a Xunta vén de comunicarnos, a través da da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, que logo das últimas análises, aínda hai terras con lindano en…
A APDR denuncia de novo a campaña de lavado de imaxe de ENCE
Dous feitos recentes móvennos a expresar de novo publicamente o noso rexeitamento á campaña de lavado de imaxe que ENCE, empresa responsábel en grande medida da contaminación da ría e da eucaliptización do país, vén desenvolvendo con ánimos renovados nos últimos tempos, unha política que nunca ten abandonado e que basea na compra de vontades…
Premios Osíxeno e Dioxina ás millores e piores actuacións ambientais de 2017
Na 17ª edición dos premios Osíxeno e Dioxina cos que ADEGA quere subliñar o millor e o pior do pasado ano dende a perspectiva ambiental, este 2017 xiran arredor da xestión dos montes, a lei de depredación, os lumes e os eucaliptos. Premio Osíxeno de Honra 2017 Este ano o premio Osíxeno de Honra quere…
A Valedora inicia actuacións ante o concello de Ponteareas e a Xunta polos aterramentos de lindano
A Valedora do Pobo, tras solicitude do Grupo Ecoloxista ADENCO, ten iniciado esta semana actuacións ante o Concello de Ponteareas e a Consellería de Medio Ambiente. En concreto ten requerido ás dúas administracións que nun prazo de 15 días faciliten a información sobre os aterramentos con terras contaminadas por lindano en Ponteareas solicitada por ADENCO….
Estrea do documental “Fóra”
A “Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra” (APDR), fai un chamamento ao conxunto da sociedade pontevedresa, e moi particularmente aos socios e socias da asociación ecoloxista, para que asistan o próximo VENRES DÍA 2 DE FEBREIRO, ás 21 horas, á estrea no TEATRO PRINCIPAL do documental “FÓRA”, un documental dirixido por Rodrigo Cota e…
Perante a confirmación da contaminación por lindano en Ponteareas ADENCO esixe actuacións ao Concello e á Xunta
Esta semana o Concello de Ponteareas vén de confirmar a existencia de aterramentos con terras contaminadas por lindano na parroquia de Xinzo. Esta confirmación prodúcese mes e medio despois de que o Grupo Ecoloxista ADENCO presentara varios escritos ao concello de Ponteareas e ante a Consellería de Medio Ambiente solicitando información sobre estes posibles aterramentos…